Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 13 de xuño de 2023 Páx. 36651

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 2023 pola que se fai público o cofinanciamento polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % do gasto elixible no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, do contrato administrativo de servizo para a concienciación e divulgación do risco de inundación e sinalización das áreas con risco potencial significativo de inundación da Demarcación hidrográfica Galicia-Costa (expediente OH.788.439).

missing image file

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, dáse publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a continuación se indica por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:

1. Poder adxudicador:

1.1. Nome: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

1.2. Número de identificación fiscal: Q1500378C.

1.3. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, código postal 15781.

1.4. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

1.5. Código NUTS: ES111.

1.6. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

1.7. Fax: 981 95 74 03.

1.8. Teléfono: 981 95 74 01.

1.9. Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/

1.10. Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible, así mesmo, no Portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, o Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e a páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/

2. Tipo de poder adxudicador e principal actividade exercida:

2.1. Tipo: entidade pública do sector público autonómico de Galicia.

2.2. Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.

3. Códigos CPV: 71311000-1 (servizos de consultoría en enxeñaría civil) e 79340000-9 (servizos de publicidade e de márketing).

4. Código NUTS da localización principal do servizo: ES111 A Coruña, ES112 Lugo e ES114 Pontevedra.

5. Descrición do obxecto da licitación: servizo para a concienciación e divulgación do risco de inundación e sinalización das áreas con risco potencial significativo de inundación da Demarcación hidrográfica de Galicia-Costa (clave do expediente OH.788.439).

Os traballos deste servizo consisten na prestación de asistencia e apoio técnico no desenvolvemento de tarefas relacionadas coa implantación do Programa de medidas asociado ao Plan de xestión de risco de inundación da demarcación hidrográfica Galicia Costa correspondente ao ciclo 2015-2021, aprobado polo Real decreto 19/2016, do 15 de xaneiro, e á proposta de proxecto de Plan de xestión de risco de inundación para o ciclo 2021-2027, concretamente á realización de actividades de concienciación e divulgación.

Especificamente, os traballos comprenden o seguinte:

– A instalación de elementos de sinalización ou paneis informativos naquelas áreas de risco potencial significativo de inundación (ARPSI) clasificadas como de grupo IV polos plans de xestión do risco de inundación (PXRI).

– A realización doutras tarefas de concienciación e divulgación, como o desenvolvemento de accións didácticas en centros de ensino, a creación dun blog e a realización de campañas en medios e redes sociais.

Para o desenvolvemento destas actividades, empregaranse os deseños e criterios marcados no Plan estratéxico de divulgación das áreas de risco potencial significativo de inundación (PEDARPSI) existente en Augas de Galicia.

6. Tipo de procedemento de adxudicación: aberto, polo trámite ordinario e contratación suxeita a regulación harmonizada.

7. Orzamento base de licitación: importe neto: 705.543,86 euros. Importe total: 853.708,07 euros.

8. Valor estimado do contrato: 705.543,86 euros, coincide co orzamento base de licitación sen IVE.

9. Prazo de execución do contrato: 12 meses.

10. Criterios de adxudicación:

10.1. Adxudicación do contrato: realizarase tomando como base de valoración os criterios de adxudicación obxectivos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares para os efectos de determinar a mellor oferta como resultado da valoración global das proposicións.

10.2. Criterios de adxudicación: proposición económica (ponderación 41 %), memoria descritiva da metodoloxía proposta para a realización dos traballos (ponderación 45 %), medidas para o impulso demográfico (ponderación 10 %) e mellora técnica vinculada á execución do servizo (ponderación 4 %).

11. Data da adxudicación do contrato: 21 de marzo de 2023.

12. Número de ofertas recibidas:

12.1. Ofertas totais: 2.

12.2. Ofertas de pequenas ou medianas empresas: 3.

12.3. Ofertas doutros Estados membros da Unión Europea ou de terceiros países: ningunha.

12.4. Ofertas por vía electrónica: si.

13. Data de formalización ou celebración do contrato: 24 de abril de 2023.

14. Empresa contratista:

14.1. Nome da empresa ou, se é o caso, UTE: ITH Planning and Design, S.L. & Quattro Industria Destiladora de Creatividad Publicitaria, S.L. unión temporal de empresas Lei 18/1982.

14.2. NIF: U44692762.

14.3. Enderezo: avenida da Pasaxe, 43, baixo, 15006 A Coruña.

14.4. Código NUTS: ES111.

14.5. Correo electrónico: jconde@quattroidcp.com

14.6. Fax:

14.7. Teléfono: 606 96 77 90.

14.8. Pequena ou mediana empresa: si.

15. Valor da oferta seleccionada: importe neto: 578.071,65 euros. Importe total: 699.466,70 euros.

16. Información sobre se o contrato está relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:

Esta actuación cofinanciarase pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % do gasto elixible, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

A actuación enmárcase dentro do programa operativo no obxectivo temático 5 «Promover a adaptación ao cambio climático e a prevención e xestión de riscos»; Prioridade de Investimento 5.2 «Fomento do investimento para facer fronte a riscos específicos, garantindo unha resiliencia fronte ás catástrofes e desenvolvendo sistemas de xestión de catástrofes»; Obxectivo Específico 5.2.1 «Fomento do investimento para a prevención e xestión de riscos específicos sobre as poboacións, incluíndo protección civil»; Actuación 5.2.1.4 «Medidas de prevención e xestión das inundacións na Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa» (segundo o documento Criterios e procedementos de selección de operacións (CPSO). Operación «Resto de medidas para a Prevención do Risco de Inundación na Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa».

Polo que deberán observarse os criterios de elixibilidade, xestión, publicidade e control propios dos documentos de programación e da normativa comunitaria de aplicación ao Feder. Respectaranse, polo tanto, as normas de subvencionabilidade do gasto do programa operativo do citado fondo europeo, así como as normas de información e publicidade establecidas nas guías de publicidade e nas demais normas comunitarias que sexan de aplicación.

17. Servizo do que se poida obter información sobre o contrato formalizado.

17.1. Nome: contratación de Augas de Galicia.

17.2. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9.

17.3. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

17.4. Código postal: 15781.

17.5. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

17.6. Fax: 981 95 74 03.

17.7. Teléfonos: 981 95 74 01.

Datos e referencias de publicacións anteriores no Diario Oficial de la Unión Europea relevantes para o contrato: DOUE S73-195481, do 13 de abril de 2022.

19. Información acerca do Acordo sobre contratación pública: contrato cuberto polo Acordo sobre contratación pública.

20. Outras informacións:

Data de envío do anuncio de licitación ao Diario Oficial de la Unión Europea: 8 de abril de 2022.

Publicidade do anuncio de licitación no Diario Oficial de la Unión Europea: 13 de abril de 2022.

Publicidade do anuncio de licitación no perfil de contratante: 13 de abril de 2022.

Publicidade da adxudicación no perfil de contratante: 24 de marzo de 2023.

Publicidade do contrato formalizado co contratista no perfil de contratante: 25 de abril de 2023.

Publicidade do anuncio de formalización do contrato no Diario Oficial de la Unión Europea: 28 de abril de 2023.

Publicidade do anuncio de formalización do contrato no perfil de contratante: 2 de maio de 2023.

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2023

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia