Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 13 de xuño de 2023 Páx. 36657

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 24 de maio de 2023, polo que se notifica o requirimento de emenda de solicitude de aprazamento-fraccionamento, en relación co expediente 09/FRAC/2023.

A xefa do Servizo de Administración e Xestión da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o día 8 de maio de 2023, realizou requirimento de emenda da solicitude de aprazamento-fraccionamento, feita pola persoa con documento nacional de identidade número 46903717R.

Ao non poderse realizar a notificación persoal á mencionada persoa, mediante este anuncio e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada o devandito requirimento, por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á persoa interesada, que o texto íntegro do requirimento que se notifica, se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Para que conste, e lle sirva de notificación á persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2023

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística