Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 13 de xuño de 2023 Páx. 36681

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Tomiño

ANUNCIO de notificación da orde de execución da xestión da biomasa.

Mediante o Decreto da Concellaría de Medio Ambiente do 16 de maio de 2023 acórdase ordenar a execución forzosa mediante a execución subsidiaria de limpeza de parcela consistente na xestión da biomasa, parcela identificada coa referencia catastral 36054A099001390000EB.

Ao ignorárense os titulares da parcela, de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou o medio a que se refire o punto 1 do presente artigo, ou ben, tentada a notificación, esta non se puido efectuar, a notificación farase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado, poñendo en coñecemento do interesado que o contido íntegro do mencionado decreto se atopa á súa disposición no Departamento de Urbanismo do Concello de Tomiño, de conformidade co disposto no artigo 46 da mencionada Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio. Unha vez transcorrido o devandito prazo, a notificación enténdese producida e o interesado poderá interpoñer os seguintes recursos: a) Con carácter potestativo, recurso de reposición ante a Alcaldía no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da notificación. Se transcorre un mes desde o día seguinte ao da interposición do recurso de reposición sen que este fose resolvido e notificado, poderá entender que foi desestimado e interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo no prazo de seis meses. b) Recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo dentro do prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da notificación.

Poderá interpoñer calquera outro que crea conveniente no seu dereito.

Tomiño, 18 de maio de 2023

A Alcadesa
P.D. (Acordo do 13.9.2019)
Ana Belén Casaleiro González
Concelleira de Medio Ambiente