Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 13 de xuño de 2023 Páx. 36629

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

ANUNCIO do 25 de maio de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican diversos expedientes sancionadores por infraccións das persoas traballadoras ou asimiladas, beneficiarias e solicitantes de prestacións por desemprego.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), co contido sinalado no artigo 46 da mesma lei, e a súa eficacia quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior e despois de tentar a notificación persoal no domicilio que consta nos nosos arquivos, notifícanselles ás persoas traballadoras ou asimiladas, beneficiarias e solicitantes de prestacións por desemprego que se sinalan no anexo, as comunicacións de inicio ou resolucións do procedemento sancionador por infraccións na orde social. A seguir publícase o presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Para o caso de comunicacións de inicio do procedemento sancionador outórgaselles un prazo de quince (15) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que consideren conveniente e presenten a documentación que consideren oportuna.

Para o caso de resolucións do procedemento sancionador, a resolución sancionadora esgota a vía administrativa e poderá interpoñer, dentro do prazo de trinta (30) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, reclamación administrativa previa, conforme o previsto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social. Contra as resolucións das reclamacións administrativas previas en materia de prestacións da Seguridade Social que esgotan a vía administrativa cabe formular demanda ante o xulgado do social competente, no prazo dos dous meses seguintes a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Para o coñecemento do texto íntegro dos actos que se notifican e a constancia deste coñecemento, as persoas interesadas poderán comparecer debidamente acreditado na oficina de emprego que corresponda, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no citado artigo 44, parágrafo segundo da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 25 de maio de 2023

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Interesado/a (DNI/NIE)

Nº expediente

Acto que se notifica

Concello

05324214J

05324214J/27-12-2022/2.1.A

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Lugo

33344400N

33344400N/30-12-2022/2.1.D

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Lugo

33351329H

33351329H/11-11-2022/2.1.A

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Lugo

33544741T

33544741T/21-12-2022/2.1.A

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Rábade

34284089J

34284089J/04-01-2023/2.1.A

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Lugo

34285522C

34285522C/10-11-2022/2.1.A

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Rábade

34941006G

34941006G/17-03-2023/2.1.D

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Outeiro de Rei

35695419V

35695419V/15-12-2022/2.1.A

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Lugo

48779631N

48779631N/22-12-2022/2.1.A

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Outeiro de Rei

70908508Z

70908508Z/06-03-2023/2.1.D

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Lugo

76562571X

76562571X/16-05-2022/2.1.A

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Meira

76577475X

76577475X/04-01-2023/2.1.D

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Lugo

X4749564H

X4749564H/20-03-2023/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Pol

X7907465L

X7907465L/22-06-2022/2.1.D

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Foz