Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 12 de xuño de 2023 Páx. 36138

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 16 de maio de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Carballo (expediente IN407A 2023/092-1).

Expediente: IN407A 2023/092-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: regulamentación CBL-708B-substitución do apoio A002FGHG//C0-8-1.

Concello: Carballo.

1. Características técnicas:

Modificación, sen alterar a súa actual traza, do treito da liña CBL-708B autorizado no expediente 50.647, de 144,6 metros de lonxitude en condutor tipo LA-30, comprendido entre os seus apoios núm. C0-8 (matrícula: A010LHOX) metálico de celosía tipo C-CS (xugos)/CR-CA en que se atopan instalados os elementos de protección e manobra tipo XS do CT 15HK52 e núm. C0-8-2 (matrícula: 9XXKP6FT) de formigón tipo HV-1000/9-CR1-CA, consistente en:

– Substitución, respectando a súa actual localización na parcela con referencia catastral 15019A050001490000IA cun lixeiro desprazamento cara ao apoio núm. C0-8, do apoio núm. C0-8-1 (matrícula: A002FGHG) de formigón tipo HV-630/13-CR-CA, polo novo apoio metálico de celosía tipo AM-C-2000/12-H35-CA(CS).

– Retensado do condutor tipo LA-30 (condutor existente) nos vans da LMT CBL-708B anterior e posterior ao novo apoio metálico proxectado, de 85,3 e 59,3 metros de lonxitude, respectivamente.

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta ao presente este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña, (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no Concello. Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Poderán examinar a documentación técnica, e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 16 de maio de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Regulamentación CBL-708B-substitución do apoio A002FGHG//C0-8-1

Relación de bens e dereitos afectados-concello de Carballo

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio

(LMT, CT e/ou apoios)

LMT aérea-voo

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

Núm. do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

Herdeiros de Consuelo Ponte Muñiz

15019A050001490000IA

Polígono 50, parcela 149

Ponte Rosende

Novo apoio núm. C0-8-1

2

Rústico. Agrario.

Matogueira