Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 12 de xuño de 2023 Páx. 36142

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 16 de maio de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Sobrado (expediente IN407A 2023/093-1).

Expediente: IN407A 2023/093-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: instalación de telecontrol en LMT SDG-709-apoio B0RLRSWL//9-60-B28-3.

Concello: Sobrado.

1. Características técnicas:

Modificación, sen alterar a súa actual traza, do treito da liña SDG-709 autorizado no expediente 25.904, de 239,3 metros de lonxitude en condutor tipo LA-30, comprendido entre os seus apoios núm. 9-60-B28-2 (matrícula: B0SE0BTF) de formigón tipo AM-AL-HV-1B/11-BR1-CAIII e núm. 9-60-B28-4 (matrícula: A8ICNJT9) de formigón tipo AM-AL-HV-1000/15-CR1-CAIII(CS)/CR1-CAIII no que teñen a súa orixe as derivadas ao CT Castro Sobrado (15CJX5) e ao CT Vilanova (15A225), consistente en:

– Substitución, respectando a súa actual localización na parcela con referencia catastral 15081A002000870000AX cun lixeiro desprazamento cara ao apoio núm. 9-60-B28-2, do apoio núm. 9-60-B28-3 (matrícula: 9GVKBV3S) de formigón tipo S-AL-HV-1B/11-B1-CSRIII, polo novo apoio metálico de celosía tipo AM-C-1000/12-H35-CAIII en que se proxecta a instalación dun reconectador telecontrolado composto por un equipo interruptor con cámara illada en SF6 e un armario de control.

– Retensado do condutor tipo LA-30 (condutor existente) nos vans da LMT SDG-709 anterior e posterior ao novo apoio metálico proxectado, de 110,7 e 128,6 metros de lonxitude, respectivamente.

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta ao presente este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña, (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no Concello. Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Poderán examinar a documentación técnica, e de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partires do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 16 de maio de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Instalación de telecontrol en LMT SDG-709-apoio B0RLRSWL//9-60-B28-3

Relación de bens e dereitos afectados-concello de Sobrado

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio

(LMT, CT e/ou apoios)

LMT aérea-voo

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

Núm. do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

José Antonio

Castro Pazos

15081A002000870000AX

Polígono 2, parcela 87

A Albariza

Novo apoio

núm. 9-60-B28-3

2

Rústico. Agrario.

Prados ou pradarías