De conformidade co disposto no artigo 44 en relación co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), e no artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias, logo de intentada a notificación persoal de acordo co artigo 40 da citada Lei 39/2015 sen que esta se puidese efectuar, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.
O acto foi adoptado pola xefa territorial do Instituto Galego do Consumo e da Competencia.
A comparecencia deberá efectuarse, logo de cita, no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), ante a Unidade de Consumo de Pontevedra, con enderezo na avenida Mª Victoria Moreno, nº 43, 36071 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Pontevedra, 22 de maio de 2023
Alfonso Diéguez García
Xefe do Servizo de Consumo de Pontevedra
ANEXO
Expediente: 36S001/38/2023.
Interesada: Estar en las Nubes, S.L
CIF/NIF: B66562901.
Acto notificado: resolución de expediente sancionador.