Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 12 de xuño de 2023 Páx. 36211

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CÉDULA do 19 de maio de 2023, da Área Sanitaria de Ferrol, pola que se notifica a resolución do recurso de reposición presentado contra a factura 202202733, emitida por servizos sanitarios prestados neste centro.

Mediante esta cédula, e debido a que, intentada a notificación da resolución do recurso de reposición a Mª Victorina Crego García, non puido ser atopada no enderezo facilitado pola interesada, comunícase:

Resolución de recurso de reposición por servizos de asistencia sanitaria prestados neste centro:

Referencia 202202733.

Antecedentes:

A Área Sanitaria de Ferrol comunicou, con data do 1 de setembro de 2022, a Mª Victorina Crego García a factura 202202733 por servizos sanitarios prestados neste centro. A interesada presenta recurso de reposición con rexistro de entrada do 22 de setembro de 2022. Polo tanto,

RESOLVO:

Desestimar o recurso de reposición presentado, por estar a factura emitida conforme dereito e resultar a reclamante obrigada ao pagamento da asistencia sanitaria. Contra esta resolución poderase interpor reclamación económico-administrativa, ante a Xunta Superior de Facenda, de acordo co disposto no artigo 49 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, e nos artigos 226 e 227 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria. Esta reclamación interporase no prazo dun mes, contado desde o día seguinre ao desta notificación, e dirixirase ao órgano administrativo que ditou o acto. A resolución da reclamación porá fin á vía administrativa.

Para que conste, sirva de notificación ao interesado, e en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido, asino e selo esta cédula. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Ferrol, 19 de maio de 2023

Ángel Facio Villanueva
Xerente da Área Sanitaria de Ferrol