Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 12 de xuño de 2023 Páx. 36188

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 23 de maio de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a resolución para o emprazamento ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Lugo a todas as persoas interesadas no procedemento ordinario 75/2023/A, con motivo do recurso contra a Resolución do 3 de xaneiro de 2023, referida á zona de concentración parcelaria de Triabá (Castro de Rei), así como para a remisión do expediente ao dito xulgado.

Mediante oficio remitido polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Lugo no procedemento ordinario 75/2023/A orixinado polo recurso contencioso-administrativo interposto por Veneranda Campo Fernández contra a Resolución ditada pola Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia do 3 de xaneiro de 2023, referida á zona de concentración parcelaria de Triabá (Castro de Rei, Lugo), ordenouse á Consellería do Medio Rural que notifique a resolución que acorde a remisión do expediente administrativo e emprace cantas persoas resulten interesadas no procedemento para que poidan comparecer como demandadas.

De conformidade co disposto no artigo 45.1.a) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e por existir unha pluralidade indeterminada de persoas interesadas no procedemento referido, notifícaselles a estas, por medio deste anuncio, a resolución pola que se acorda o dito emprazamento e a remisión do expediente ao dito xulgado.

Deste xeito, e segundo o establecido no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa, as persoas interesadas poden comparecer ante o dito xulgado como demandadas no prazo de nove días.

O contido da resolución incorpórase a este anuncio como anexo.

Lugo, 23 de maio de 2023

A xefa territorial de Lugo
P.S. (Resolución do 1 de xullo de 2019)
María Pérez Folgueira
Xefa do Servizo de Infraestruturas Agrarias

ANEXO

Resolución da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo pola que se acorda a remisión do expediente administrativo correspondente ao recurso ordinario número 75/2023/A interposto no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Lugo por Veneranda Campo Fernández, contra a Resolución dicada pola Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia do 3 de xaneiro de 2023 e emprázanse as persoas interesadas

Mediante oficio do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Lugo, do 5 de maio de 2023, no procedemento ordinario número 75/2023/A orixinado polo recurso contencioso-administrativo interposto por Veneranda Campo Fernández contra a Resolución ditada pola Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia do 3 de xaneiro de 2023 ordenouse á Consellería do Medio Rural que notifique a resolución que acorde a remisión do expediente administrativo e que emprace cantas persoas resulten interesadas no procedemento para que poidan acudirse como demandadas.

O acto administrativo impugnado refírese á zona de concentración parcelaria de Triabá, Castro de Rei, Lugo, e a persoa recorrente solicita a declaración de nulidade total ou parcial do mencionado procedemento, polo que todas as persoas físicas ou xurídicas ás cales tal procedemento afecte son potenciais interesadas nos termos recollidos no artigo 21 da Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

De acordo co indicado, a teor do disposto no artigo 48 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e en cumprimento do solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Lugo,

ACORDO:

Primeiro. Ordenar a remisión do expediente administrativo correspondente ao recurso interposto por Veneranda Campo Fernández seguido como procedemento ordinario 75/2023/A.

Segundo. Emprazar todas as persoas interesadas no devandito procedemento segundo o previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, co fin de que poidan comparecer como demandadas ante o citado órgano xudicial en legal forma, no prazo de 9 días a partir do día seguinte ao da notificación da presente resolución.

Terceiro. Acordar a notificación desta resolución a través da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) por existir unha pluralidade indeterminada de persoas interesadas no procedemento referido, todo iso de conformidade co disposto no artigo 45, números 1.a) e 3, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e sen prexuízo das notificacións persoais que se consideren procedentes.