Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 9 de xuño de 2023 Páx. 36012

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 15 de maio de 2023 polo que se anuncia o trámite de competencia de proxectos relativo á solicitude presentada por Pérez Queiruga e Hijos, S.L. dunha concesión administrativa no porto da Pobra do Caramiñal.

A entidade Pérez Queiruga e Hijos, S.L. solicitou a Portos de Galicia unha concesión administrativa para ocupar 3.878,25 m2 no dominio público portuario do porto da Pobra do Caramiñal con destino a oficinas e invernada de embarcacións.

En cumprimento dos artigos 68 e 70 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, faise público para que nun prazo dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, poidan presentarse outras solicitudes que teñan o mesmo ou distinto obxecto que aquela, e que deberán reunir os requisitos previstos no artigo 70 da citada Lei 6/2017.

A seguir, defínense expresamente os criterios de valoración das propostas, tendo en conta que a valoración máxima de cada proposta serían 100 puntos e que, en caso de igualdade de puntuación, se terá en conta a orde na presentación:

– Actividades que se van desenvolver no título: valorarase cada actividade, con carácter incremental ata 50 puntos.

• 10 puntos sobre 100 almacenaxe/depósito/loxística: mercadoría se non é movida por vía marítima, pero con relación coa actividade portuaria e/ou embarcacións.

• 10 puntos sobre 100 Venda de material náutico, pesca e efectos navais.

• 10 puntos sobre 100 Venda de embarcacións.

• 10 puntos sobre 100 Reparación de embarcacións/buques e mecánica naval.

• 10 puntos sobre 100 Industria conserveira.

• 6 puntos sobre 100 Locais, oficinas e desde sedes de clubs, confrarías, asociacións ou empresas vinculadas á actividade portuaria.

• 2 puntos sobre 100 Formación e ensinanzas náutico-pesqueira.

• 2 puntos sobre 100 Outros usos complementarios da actividade portuaria diferente das anteriores, sempre que se cumpra o DEUP da Pobra do Caramiñal.

– Investimento: valorarase con 30 puntos sobre 100, outorgando a máxima puntuación á proposta co máximo valor. A valoración será de 0 puntos á proposta con menor valor, o máximo número de puntos á proposta con maior valor e interpolando de maneira lineal o resto delas.

– Eficiencia enerxética: valorarase con 15 puntos sobre 100, outorgando a máxima puntuación a aquelas propostas que xustifiquen os maiores aforros enerxéricos. Para a valoración do resto de propostas, interpolarase linealmente en función dos aforros enerxéticos propostos, ata 0 puntos ás propostas que non propoñan aforros enerxéticos.

– Explotación e coordinación co resto de operacións portuarias: valorarase con 5 puntos sobre 100, outorgando a máxima puntuación a aquelas propostas que xustifiquen adecuadamente que desenvolverán actividades na zona de servizo do porto que presten servizo, supoñan sinerxías ou demanden servizos doutros usuarios ou industrias existentes do porto. A valoración será de 5 puntos a aquelas que supoñan sinerxías e 0 puntos ás propostas que non supoñan sinerxías.

As solicitudes poderán presentarse mediante o formulario PR004A da sede electrónica da Xunta de Galicia, dirixidas á Área de Explotación e Planificación. O plano de localización da concesión solicitada encóntrase á disposición do público para o seu exame na páxina web www.portosdegalicia.gal, na epígrafe de «Comunicacións e avisos» e dentro de «Procesos de información pública».

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2023

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia