Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 8 de xuño de 2023 Páx. 35432

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 31 de maio de 2023 pola que se nomea secretaria da Comisión de Toponimia.

A Comisión de Toponimia é o órgano de estudo, asesoramento e consulta da Xunta de Galicia para a determinación dos nomes oficiais da toponimia galega e para efectuar as consultas que sexan necesarias con tal fin.

As funcións e a composición da Comisión de Toponimia están reguladas no Decreto 174/1998, do 5 de xuño, polo que se modifica o Decreto 43/1984, do 23 de marzo, polo que se regulan as funcións e a composición da Comisión de Toponimia.

Mediante a Orde do 3 de maio de 2021 nomeáronse os membros da Comisión de Toponimia (DOG núm. 83, do 4 de maio).

O Decreto 108/2022, do 16 de xuño, de estrutura orgánica dos órganos superiores e de dirección dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, establece na súa disposición adicional quinta que a Comisión de Toponimia estará adscrita á Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, e que as referencias á Consellería de Presidencia e Administración Pública contidas no Decreto 174/1998, do 5 de xuño, se entenderán realizadas á Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Segundo a normativa anteriormente indicada, a persoa secretaria da Comisión, con voz e sen voto, será un/unha funcionario/a da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, designado/a polo conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

De conformidade coas atribucións que me confire o artigo 3 do citado Decreto 174/1998, do 5 de xuño,

DISPOÑO:

Nomear secretaria da Comisión de Toponimia a Elvira María Casal García, subdirectora xeral de Planificación e Dinamización Lingüística.

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2023

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades