Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 7 de xuño de 2023 Páx. 35253

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 11 de maio de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Muxía (expediente IN407A 2022/349-1).

Expediente: IN407A 2022/349-1.

Solicitante/promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: regulamentación LMTA POT-806. Substitución dos apoios 73-10 e 73-11.

Concello: Muxía.

1. Características técnicas:

Modificación, sen alterar o seu actual trazado, do treito da liña POT-806 autorizado no expediente 51.422, de 475 metros de lonxitude en condutor tipo LA-30, comprendido entre os seus apoios nº 73-9 (matrícula: 99L956DW) de formigón tipo AL-HV-630/15-Bov-CS e nº 73-12 (matrícula: 99VGCKJX) de formigón tipo AL-HV-630/15-Bov-CS, consistente en:

– Substitución, respectando o seu actual lugar na parcela con referencia catastral 15053A512007140000EO, cun lixeiro desprazamento cara ao apoio nº 73-9, do apoio nº 73-10 (matrícula: 99O9MSIN) de formigón tipo AL-AM-HV-1000/15-CR-CA, polo novo apoio metálico de celosía tipo AM-C-2000/16-H35-CA(CS), en que se proxecta a instalación dunha nova cruceta para derivada e de novos elementos de protección e manobra tipo XS do CT intemperie Agrodosío (matrícula: 15XA37).

– Substitución, respectando o seu actual lugar na parcela con referencia catastral 15053A040002000000RF, cun lixeiro desprazamento cara ao apoio nº 73-12, do apoio nº 73-11 (matrícula: 99SF3HDH) de formigón tipo AL-HV-630/15-Bov-CS, polo novo apoio metálico de celosía tipo AM-C-1000/16-H35-CA(CS).

– Instalación de novo condutor tipo LA-56, tras da retirada do condutor tipo LA-30 actualmente existente, no van da liña POT-806, de 192,4 metros de lonxitude, comprendido entre os novos apoios nº 73-10 e nº 73-11 proxectados.

– Retensado do condutor tipo LA-30 (condutor existente), no van da liña POT-806, de 141,4 metros de lonxitude, comprendido entre o apoio nº 73-9 existente e o novo apoio nº 73-10 proxectado.

– Retensado do condutor tipo LA-30 (condutor existente), no van da liña POT-806, de 141,2 metros de lonxitude, comprendido entre o novo apoio nº 73-11 proxectado e o apoio nº 73-12 existente.

Modificación, sen alterar o seu actual trazado, do treito da liña denominada derivada ao CT Agrodosío (expediente 51.422) de 17 metros de lonxitude, comprendido entre o novo apoio nº 73-10 proxectado anterior e o CT intemperie Agrodosío (matrícula: 15XA37), consistente no tendido de novo condutor tipo LA-56 tras da retirada do condutor tipo LA-30 actualmente existente.

Substitución do xogo de pararraios autoválvulas do CT intemperie Agrodosío (matrícula: 15XA37).

1. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE nº 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE nº 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE nº 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG nº 54, do 19.2.2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE nº 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE nº 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta ao presente acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no Concello. Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 11 de maio de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Regulamentación LMTA POT-806. Substitución dos apoios 73-10 e 73-11

Relación de bens e dereitos afectados-termo municipal de Muxía

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio (LMT, CT e/ou apoios)

LMT aérea-voo

(servidume de paso
de enerxía eléctrica)

Natureza
do terreo

CT/Nº do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

2

Descoñecido

15053A040002000000RF Polígono 40, parcela 200

Campo Corvos

Novo apoio nº 73-11

2

Rústico

Agrario

Matogueira