Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 7 de xuño de 2023 Páx. 35257

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 12 de maio de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Ferrol (expediente IN407A 2022/371-1).

Expediente: IN407A 2022/371-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: regulamentación LMT SMR-706 entre apoios AJW4J64V//149 a AJWOQ4N5//150X1.

Concello: Ferrol.

1. Características técnicas:

Modificación, sen alterar a súa actual traza, do treito da liña SMR-706 autorizado no expediente 30.050, de 343,2 metros de lonxitude en condutor tipo LAC-80, comprendido entre os seus apoios nº 148 (matrícula: AJVRBIA0) de formigón tipo AM-ANC-HV-1B/11-Lira e nº 151 (matrícula: AJWRPUVH) de formigón tipo S-AL-HVH-Lira, consistente en:

– Desconexión e desmonte do condutor tipo LAC-80, no treito da liña SMR-706 de 172,6 metros de lonxitude comprendido entre os actuais apoios nº 149 e nº 150X1.

– Substitución, respectando a súa actual localización na parcela con referencia catastral 15037A045004570000PG cun lixeiro desprazamento cara ao apoio nº 150, do apoio nº 149 (matrícula: AJW4J64V) de formigón tipo S-AL-HV-1B/11-Lira, polo novo apoio metálico de celosía tipo AM-C-1000/12-H35-CA(CS).

– Substitución, respectando a súa actual localización na parcela con referencia catastral 15037A045004640000PT cun lixeiro desprazamento cara ao apoio nº 150X1, do apoio nº 150 (matrícula: AJWH9O40) de formigón tipo S-AL-HV-1B/11-Lira, polo novo apoio metálico de celosía tipo S-C-1000/12-BR-1C-CS.

– Substitución, respectando a súa actual localización na parcela con referencia catastral 15037A045009840000PD cun lixeiro desprazamento cara ao apoio nº 151, do apoio nº 150X1 (matrícula: AJWOQ4N5) de formigón tipo S-AL-HV-1B/11-Lira, polo novo apoio metálico de celosía tipo AM-C-1000/12-H35-CA(CS).

– Instalación de novo condutor tipo LA-110, no treito da liña SMR-706 de 172,6 metros de lonxitude comprendido entre os novos apoios nº 149 e nº 150X1 proxectados.

– Retensado do condutor tipo LAC-80 (condutor existente), no van da liña SMR-706 de 90,9 metros de lonxitude comprendido entre o apoio nº 148 existente e o novo apoio nº 149 proxectado.

– Retensado do condutor tipo LAC-80 (condutor existente), no van da liña SMR-706 de 141,2 metros de lonxitude comprendido entre o novo apoio nº 150X1 proxectado e o apoio nº 151 existente.

– Nos tres (3) novos apoios proxectados, procederase á instalación de elementos de protección da avifauna.

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE nº 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE nº 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE nº 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG nº 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE nº 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE nº 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta ao presente este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no Concello. Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte.

A Coruña, 12 de maio de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Regulamentación LMT SMR-706 entre apoios AJW4J64V//149 a AJWOQ4N5//150X1.

Concello de Ferrol.

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio (LMT, CT e/ou apoios)

LMT aérea-voo

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

Nº do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

José Luis Fernández

Pazos

15037A045004570000PG polígono 45, parcela 457

Carregozos

Novo apoio nº 149

2

Rústico. Agrario.

Prados ou pradarías

2

África Pérez Núñez

15037A045004640000PT polígono 45, parcela 464

O Pedrido

Novo apoio nº 150

2

Rústico. Agrario.

Prados ou pradarías