Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 7 de xuño de 2023 Páx. 35348

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de San Sadurniño (expediente-e IN407A 2022/89-1).

Expediente-e: IN407A 2022/89-1.

Promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Instalación: regulamentación da LMT CDR804 (Loira)-apoioAUS3P5XI//139-6, no lugar de Calvelas.

Concello: San Sadurniño.

Feitos:

1. O 22 de marzo do 2022, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica, coa fin de realizar obras de regulamentación na liña de distribución de media tensión LMT CDR804 (expediente 30.479) por mor dun apoio en mal estado, no lugar de Calvelas, termo municipal de San Sadurniño. Proxéctase a substitución dun apoio por outro metálico de celosía.

Achegan o proxecto que inclúe memoria, planos e orzamento, ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000 que abrangue os seguintes documentos:

• Proxecto de execución nomeado: Regulamentación LMT CDR804 (Loira)-apoio AUS3P5XI//139-16, asinado o 18 de xuño do 2021 por Rubén Fervenza Nicolás, enxeñeiro técnico industrial graduado en Enxeñaría Eléctrica, con número colexial 4.684 de Vigo (COITIVigo) e número de visado 22100974, do 21 de xuño do 2022.

• Anexo: asinado o 7 de xuño do 2022 por Javier Fernández Mitre, enxeñeiro industrial con número colexial 15.670 de Madrid.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante resolución publicada nos seguintes medios:

– Acordo de información pública: 5 de setembro de 2022.

– DOG: 23 de setembro de 2022.

– BOP: 6 de setembro de 2022.

– Xornal La Voz de Galicia: 19 de setembro de 2022.

– Taboleiro de anuncios do concello: segundo certificado municipal de publicación na súa sede electrónica coa plataforma «esPublico Gestiona» do Concello de San Sadurniño con data do 16 de marzo de 2023.

– Portal da transparencia e goberno aberto da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación.

3. Durante o período no que se someteu o proxecto ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación ou suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.

4. Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas, isto é, Augas de Galicia-Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e o Concello de San Sadurniño. A empresa promotora manifestou a súa conformidade co condicionado establecido polo organismo afectado, a saber, o concello. No día desta resolución, non consta no expediente resposta do organismo afectado, é dicir, Augas, por solicitude do condicionado solicitado.

5. O 14.4.2023 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

1. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, no Decreto 73/2022, do 25 de maio, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia e no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación.

2. Lexislación de aplicación:

1. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

2. Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

3. Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

4. Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

5. Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

6. Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

7. Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).

8. Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

9. Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

10. Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

11. Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

1. Características técnicas:

– LMTA a 20 kV de 370 metros, condutor tipo LA-30 Al, coa orixe no apoio número AUPI6D00//139-15 existente da LMT. CDR804 (expediente 30.479) no treito actual abranguido entre a derivada ao CT G. Esperanza (15PT80) e a derivada ao CT Santa Mariña do Monte (15AT82, expediente IN407A 2016/2582-1) e remate no apoio número AUVS6XLQ//139-17. Substitución do apoio número AUS3P5XI//139-16 por outro tipo metálico celosía C-1000/16.

1. Na visita de campo realizada para examinar o lugar da instalación non se apreciou, nos predios sometidos a expropiación, ningunha das limitacións á constitución da servidume sinaladas no artigo 58.a) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

2. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

Consonte con todo o sinalado,

RESOLVO:

A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da dita instalación de distribución eléctrica.

B) A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir da data de ocupación dos terreos.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/da director/a da montaxe no que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que considere axeitado.

Mediante este documento notifícaselle aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 11 de maio de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña