A Orde do 11 de xaneiro de 2021 (DOG número 22, do 3 de febreiro de 2021) establece as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos colectivos financiados polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), para a protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades pesqueiras sustentables mediante a recollida de residuos mariños.
De conformidade co establecido no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, «Os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e crédito orzamentario a que se imputen, beneficiario, cantidade concedida e finalidade ou finalidades da subvención».
En consecuencia,
RESOLVO:
Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das axudas concedidas na convocatoria de 2021, con cargo á aplicación orzamentaria 15.03.723C.780.2, para proxectos colectivos financiados polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) para a protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades pesqueiras sustentables mediante a recollida de residuos mariños, cofinanciadas nun 75 % polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca.
Santiago de Compostela, 24 de maio de 2023
Susana Rodríguez Carballo
Directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro
ANEXO
Aplicación 15.03.723C.780.2
Proxecto |
Beneficiario/a |
Total (€) |
Recollida activa de lixo mariño nos bancos marisqueiros da Confraría de Cedeira |
Confraría de Pescadores de Cedeira |
23.594,56 |
Proxecto conxunto de recollida de lixo mariño confrarías de Muros e O Pindo |
Confraría de Pescadores de Muros |
60.189,83 |
Confraría de Pescadores do Pindo |
8.138,73 |
|
Recollida de residuos mariños na Confraría de Pescadores de Vigo |
Confraría de Pescadores de Vigo |
8.602,41 |
Limpezas de praias autorización 2021 |
Confraría de Pescadores de Barallobre |
19.827,06 |
Econoia II |
Confraría de Pescadores de Noia |
195.614,90 |
Recollida de lixo mariño co obxecto de protexer a biodiversidade e o ecosistema mariño por parte dos sectores marisqueiro e pesqueiro-artesanal da Confraría de Pescadores de Cambados (Relicam) |
Confraría de Pescadores de Cambados |
12.019,32 |
Proxecto de recollida de residuos da Confraría de Mugardos 2021 |
Confraría de Pescadores de Mugardos |
14.891,56 |
Limpeza de lixo mariño en autorizacións de marisqueo a pé de Ferrol |
Confraría de Pescadores de Ferrol |
2.881,78 |