Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 6 de xuño de 2023 Páx. 34992

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Outes (expediente-e IN407A 2022/165-1).

Expediente-e: IN407A 2022/165-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Instalación: regulamentación da LMT TA2808-apoios 54-A-47-B-1 aos 54-A-47-B-4, no lugar de Braño.

Concello: Outes.

Feitos:

1. O 11 de maio de 2022, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica, coa fin de realizar obras de regulamentación na liña LMT TA2808 (expediente 34838), no termo municipal de Outes. Proxéctase o soterramento dun treito da dita liña de distribución de enerxía eléctrica de media tensión e a substitución e desmantelamento de varios apoios.

Achegan o proxecto, que inclúe memoria, planos e orzamento, ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, que abrangue os seguintes documentos:

– Proxecto de execución nomeado: regulamentación LMT TA2808-apoios 54-A-47-B-1 aos 54-A-47-B-4, asinado con data do 26 de xaneiro de 2022 por Rubén Fervenza Nicolás, enxeñeiro técnico industrial graduado en Enxeñería Eléctrica con número colexial 4.684 de Vigo (COITIVIGO).

– Anexo: asinado o 7 de xuño de 2022 por Javier Fernández Mitre, enxeñeiro industrial con número colexial 15.670 de Madrid.

– Anexo: asinado con data do 13 de xullo de 2022 por Rubén Fervenza Nicolás, enxeñeiro técnico industrial graduado en Enxeñería Eléctrica con número colexial 4.684 de Vigo (COITIVIGO).

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante resolución publicada nos seguintes medios:

– Acordo de información pública: 1 de xullo de 2022.

– DOG: 1 de agosto de 2022.

– BOP: 13 de xullo de 2022.

– Xornal La Voz de Galicia: 25 de xullo de 2022.

– Taboleiro de anuncios do concello: segundo certificado municipal da secretaria do Concello de Outes do 31 de marzo de 2023.

– Portal da transparencia e goberno aberto da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación.

3. Durante o período no que se someteu o proxecto ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación ou suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.

4. Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas, isto é, Augas de Galicia-Consellería de Infraestruturas e Mobilidade; Servizo de Patrimonio Cultura-Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Coruña, Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader)-Consellería do Medio Rural; Deputación Provincial da Coruña e o Concello de Outes. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos polos organismos afectados, a saber, Patrimonio Cultural e a Deputación. No día desta resolución, non consta no expediente resposta dos organismos afectados, é dicir, Augas, Agader e o concello; por solicitude dos condicionados solicitados.

5. O 18.4.2023 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

1. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, no Decreto 73/2022, do 25 de maio, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia e no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación.

2. Lexislación de aplicación:

1º. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

2º. Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

3º. Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

4º. Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

5º. Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

6º. Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

7º. Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).

8º. Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

9º. Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

10º. Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

11º. Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

3. Características técnicas:

– LMTA (actuación 1) a 20 kV de 101 metros (83 m que se retensarán e 18 m proxectados), condutor tipo LA-56 Al, coa orixe no apoio 9JHEUHT7//54-A-47-B-5 de formigón existente da LMT TA2808 e remate no apoio 9JJCPGER//54-A-47-B-4-1 CT existente. Actuación feita sobre 3 apoios (2 existente e 1 proxectado).

– LMTA (actuación 2) a 20 kV de 607 metros (381 m que se retensarán e 226 m proxectados), condutor tipo LA-56 Al, coa orixe no apoio 9JVXI52S//54-A-44 de formigón existente da LMT TA2808 e remate no apoio 9JOVB1RL//54-A-48 existente. Actuación realizada sobre 5 apoios (2 existente e 3 proxectados).

– Soterramento dun treito da LMT TA2808 (expediente 34838) cunha lonxitude total de 779 m, coa orixe no PA/S en apoio metálico de celosía proxectado, substituíndo ao apoio 9JTB0WE//54-A-45 e final no PA/S en apoio metálico de celosía proxectado, en substitución do apoio 9JHEUHT7//54-A-47-B-5. Desmontaxe de liña aérea (condutor LA-30) entre os apoios 9 JORJSF4//54-A-47 e o 9 JJC01 DC//54-A-47-B-4.

– Desmantelamento de tres apoios e substitución doutros dous. O apoio 9JORJSF4//54-A-47 substitúese por outro de celosía tipo C-3000-14 na mesma localización namentres que o apoio 9JJC01DC//54-A-47-B-4, múdase por outro de celosía tipo C-1000-14, substituíndo o condutor tipo LA-56 entre este apoio e o apoio 9JJCPGER//54-A-47-B-4-1 CT.

– Reconectador (RC) no apoio de 9JTB0WE//54-A45. Esta actuación implica a substitución do van posterior e pola súa vez o cambio do apoio 9JPSPLSP//54-A-46 por un novo apoio tipo C-1000-16.

4. Na visita de campo realizada para examinar o lugar da instalación non se apreciou, nos predios sometidos a expropiación, ningunha das limitacións á constitución da servidume sinaladas no artigo 58.a) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

5. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

Consonte con todo o sinalado,

RESOLVO:

A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da dita instalación de distribución eléctrica.

B) A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir da data de ocupación dos terreos.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/da director/a da montaxe no que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así coma das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que considere axeitado.

Mediante este documento notifícaselle aos interesados esta resolución, segundo o esixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 9 de maio de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña