Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 6 de xuño de 2023 Páx. 34849

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2023 pola que se nomean funcionarios de carreira da escala técnica de especialistas (subescala informática) (subgrupo C1), polo sistema de quenda libre.

Vista a proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas para o ingreso, pola quenda libre, en prazas da escala técnica de especialistas (subescala informática) (subgrupo C1) vacantes na relación de postos de traballo de persoal funcionario desta universidade, convocadas por Resolución do 6 de novembro de 2019 (DOG do 18 de novembro).

Unha vez verificada a concorrencia dos requisitos exixidos nas bases da convocatoria nos aspirantes aprobados.

De acordo co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia; no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna; no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, e nos estatutos da Universidade da Coruña, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), modificados polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro, esta xerencia, no uso das atribucións conferidas no artigo 40 dos estatutos desta universidade e da delegación de competencias operada pola Resolución do 14 de xaneiro de 2020,

RESOLVE:

Primeiro. Nomear funcionarios de carreira, da escala técnica de especialistas (subescala informática) (subgrupo C1) da Universidade da Coruña, os aspirantes aprobados polo sistema de quenda libre que se relacionan no anexo.

Segundo. Para adquirir a condición de funcionario de carreira, as persoas que se relacionan deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderase interpoñer un recurso de reposición ante esta reitoría, no prazo dun mes, de acordo co establecido no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 29 de maio de 2023

Ramón del Valle López
Xerente da Universidade da Coruña

ANEXO

Escala técnica de especialistas (subescala informática) (subgrupo C1)

Nº de orde

DNI

Apelidos e nome

Puntuación total

1

***7459**

Rodríguez Fariña, Agustín Ricardo

75,55

2

***9903**

Silvar Sánchez, Marcos

74,00

3

***3084**

Torrón Álvarez, Alejandro

71,73

4

***0763**

Calvo Roo, Primitivo

69,20

5

***6516**

Varela Garrido, David

60,65