De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), por resultar descoñecida a persoa interesada, notifícanselle a información pública da solicitude de declaración de utilidade pública da instalación eléctrica LMTS GON815 e CTC na Bandeira-Barreiros (expediente IN407 2023/207-4) e as afeccións da parcela indicada no anexo.
Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, a persoa interesada dispón dun prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para compareceren, en persoa ou debidamente representadas, nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación en Pontevedra, con enderezo na avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Pontevedra, 5 de maio de 2023
Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra
ANEXO
Nº de expediente: IN407A 2023/207-4.
Denominación: LMTS GON815 e CTC na Bandeira-Borreiros.
Concellos: Gondomar e Baiona.
Nº |
Lugar |
Cultivo |
Referencia catastral |
Titular |
CT (m2) |
Afeccións |
|
ml sub. |
m2 sub. |
||||||
1 |
A Bandeira-Borreiros |
Rústico |
5798602NG1559N0000GW |
Descoñecido/a |
16,81 |
0,95 |
3,90 |