Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 5 de xuño de 2023 Páx. 34594

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 5 de maio de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a afección dunha parcela pola instalación eléctrica Ampliación de potencia CT Piñeiro-Nigrán 36AGB5 e RBTS, prevista no concello de Nigrán (expediente IN407 2023/195-4).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), por resultar descoñecida a persoa interesada, notifícanselle a información pública da solicitude de declaración de utilidade pública da instalación eléctrica Ampliación de potencia CT Piñeiro-Nigrán 36AGB5 e RBTS (expediente IN407 2023/195-4) e as afeccións da parcela indicada no anexo.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, a persoa interesada dispón dun prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para compareceren, en persoa ou debidamente representadas, nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación en Pontevedra, con enderezo na avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 5 de maio de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2023/195-4.

Denominación: ampliación de potencia CT Piñeiro-Nigrán 36AGB5 e RBTS.

Concello: Nigrán.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Afeccións

ml sub.

m2 sub.

1

Sobral-Camos

Rústico

9270009NG1696N

Descoñecido/a

4,77

13,68