Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 5 de xuño de 2023 Páx. 34476

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación de aspirantes definitivamente seleccionados/das no concurso-oposición para o ingreso na categoría de condutor/a e se inicia o prazo para a elección de destino.

Mediante a resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, do 15 de marzo de 2023 (Diario Oficial de Galicia núm. 60, do 27 de marzo), habilitouse o prazo dun mes para que os/as aspirantes seleccionados/as no proceso selectivo para o ingreso na categoría de condutor/a, convocado pola Resolución do 18 de xuño de 2021 (Diario Oficial de Galicia núm. 126, do 5 de xullo), presentasen a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos da convocatoria.

A base novena da Resolución do 18 de xuño de 2021 (Diario Oficial de Galicia núm. 126, do 5 de xullo), de convocatoria do proceso, dispón que os/as aspirantes que dentro do prazo fixado non presentasen a documentación ou do exame dela se deducise que carecen dalgún dos requisitos para participar no presente proceso selectivo, non poderán ser nomeados/as persoal estatutario fixo e quedarán anuladas as súas actuacións.

A mesma base establece que, comprobada a documentación, de todos/as os/as aspirantes aprobados/as, a Dirección Xeral de Recursos Humanos publicará no Diario Oficial de Galicia a relación de aspirantes definitivamente seleccionados/das, as prazas que se lles oferten e o procedemento e prazo para que estes/as manifesten a súa opción polos destinos ofertados.

En virtude do exposto, comprobada a documentación dos/das aspirantes e finalizados os prazos de impugnación administrativa contra a Resolución do 15 de marzo de 2023, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais da categoría de condutor, relativos á baremación definitiva da fase de concurso, esta dirección, como órgano convocante do proceso,

RESOLVE:

Primeiro. En cumprimento da base 9.2 da resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos, do 18 de xuño de 2021 (Diario Oficial de Galicia núm. 126, do 5 de xullo), pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso na categoría de condutor/a, excluír deste proceso selectivo a José Antonio Balseiro Pérez, con DNI ***8666**, aspirante da quenda de promoción interna, por non presentar dentro do prazo fixado a documentación preceptiva exixida.

Segundo. Declarar como aspirante seleccionado, na categoría de condutor, por esta mesma quenda, a Alfonso Sarabia Bardanca, con DNI ***6175**, despois de ter aportado a documentación exixida na base 9.1 da Resolución do 18 de xuño de 2021, de convocatoria do proceso.

Terceiro. Publicar como anexo I a relación de aspirantes definitivamente seleccionados/das no concurso-oposición para o ingreso na categoría de condutor/a, segundo a orde que, en aplicación das bases da convocatoria, deberá seguirse para os efectos da adxudicación de destino.

Cuarto. Aprobar a relación de destinos que se ofertan aos/ás aspirantes seleccionados/as neste proceso, que figura como anexo II da presente resolución.

Quinto. Abrir un prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao desta publicación para que os/as aspirantes que constan no anexo I desta resolución seleccionen telematicamente, a través do sistema de información Fides/expedient-e, os destinos ofertados por orde de prelación

No procedemento de selección de destinos resultarán de aplicación as bases aprobadas por Resolución do 28 de maio de 2020 (Diario Oficial de Galicia núm. 109, do 5 de xuño).

Os/as aspirantes que, no prazo indicado e conforme o procedemento establecido, non seleccionen ningún destino ou non resulten adxudicatarios/as de ningún polo que optasen, non poderán ser nomeados/as persoal estatutario fixo e quedarán sen efecto todas as súas actuacións neste proceso.

Sexto. Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante este órgano directivo, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente na xurisdición contencioso-administrativa nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2023

Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO I

Relación de aspirantes definitivamente seleccionados/das

Condutor

Nº orde

DNI

Apelidos e nome

Acceso

Nota OPE

Formación

Experiencia

Total

1

***9745**

Sánchez Balsa, José Alejandro

PI

53,250

12,000

17,650

82,900

2

***6263**

Ferreiro Santos, Santiago

PI

51,875

12,000

16,230

80,105

3

***7505**

García Iglesias, Fernando

PI

37,500

12,000

27,070

76,570

4

***6682**

Paz Santos, Juan Carlos

PI

50,500

7,920

16,890

75,310

5

***4240**

Domínguez Mota, Francisco Javier

PI

41,375

12,000

18,800

72,175

6

***6175**

Sarabia Bardanca, Alfonso

PI

52,125

7,440

9,840

69,405

7

***7342**

López Castro, María Luz

LI

52,125

12,000

21,800

85,925

8

***1382**

Gómez Botana, Jesús Manuel

LI

47,875

12,000

26,000

85,875

9

***8217**

Rodríguez Vilabrille, Pablo

LI

47,625

12,000

25,000

84,625

10

***4731**

Torres Martínez, José Antonio

LI

47,625

12,000

22,200

81,825

11

***9865**

Rodríguez Martínez, Plácido

LI

53,500

12,000

12,800

78,300

12

***0706**

Garrido Ogando, Marcos

DI

42,125

12,000

8,650

62,775

Acceso: DI: discapacidade xeral; LI: libre; PI: promoción interna.

(*) Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.

ANEXO II

Relación de destinos ofertados

Condutor/a

Centro directivo

Centro/s

Quenda

Concello

Núm. prazas

A.S. da Coruña e Cee

A.S. da Coruña e Cee

-

A Coruña

3

A.S. da Coruña e Cee

PAC A Coruña

-

A Coruña

1

A.S. de Ferrol

A.S. de Ferrol

-

Ferrol

1

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

-

Santiago de Compostela

1

A.S. de Pontevedra e O Salnés

A.S. de Pontevedra e O Salnés

-

Pontevedra

1

A.S. de Vigo

A.S. de Vigo

-

Vigo

2

A.S. de Vigo

PAC Vigo

-

Vigo

2

Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos-ADOS

Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos-ADOS-Ourense

-

Ourense

1