Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 5 de xuño de 2023 Páx. 34480

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación de aspirantes definitivamente seleccionados/as no concurso-oposición para o ingreso na categoría de cociñeiro/a e se inicia o prazo para a elección de destino.

Mediante a resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, do 15 de marzo de 2023 (Diario Oficial de Galicia núm. 60, do 27 de marzo), habilitouse o prazo dun mes para que os/as aspirantes seleccionados/as no proceso selectivo para o ingreso na categoría de cociñeiro/a, convocado pola Resolución do 13 de decembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia núm. 245, do 26 de decembro) presentasen a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos da convocatoria.

A base novena da Resolución do 13 de decembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia núm. 245, do 26 de decembro), de convocatoria do proceso, dispón que os/as aspirantes que dentro do prazo fixado non presentasen a documentación ou do exame dela se deducise que carecen dalgún dos requisitos para participar no presente proceso selectivo, non poderán ser nomeados/as persoal estatutario fixo e quedarán anuladas as súas actuacións.

A mesma base establece que, comprobada a documentación de todos/as os/as aspirantes aprobados/as, a Dirección Xeral de Recursos Humanos publicará no Diario Oficial de Galicia a relación de aspirantes definitivamente seleccionados/as, as prazas que se lles oferten e o procedemento e prazo para que estes/as manifesten a súa opción polos destinos ofertados.

En virtude do exposto, comprobada a documentación dos/das aspirantes e finalizados os prazos de impugnación administrativa contra a Resolución do 15 de marzo de 2023, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais da categoría de cociñeiro/a, relativos á baremación definitiva da fase de concurso, esta dirección, como órgano convocante do proceso,

RESOLVE:

Primeiro. Publicar como anexo I a relación de aspirantes definitivamente seleccionados/as no concurso- oposición para o ingreso na categoría de cociñeiro/a, segundo a orde que, en aplicación das bases da convocatoria, deberá seguirse para os efectos da adxudicación de destino.

Segundo. Aprobar a relación de destinos que se lles ofertan aos/ás aspirantes seleccionados/as neste proceso, que figura como anexo II da presente resolución.

Terceiro. Abrir un prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao desta publicación para que os/as aspirantes que constan no anexo I desta resolución seleccionen telematicamente, a través do sistema de información Fides/expedient-e, os destinos ofertados por orde de prelación.

No procedemento de selección de destinos resultarán de aplicación as bases aprobadas pola Resolución do 28 de maio de 2020 (Diario Oficial de Galicia núm. 109, do 5 de xuño). Os/as aspirantes que, no prazo indicado e conforme o procedemento establecido non seleccionen ningún destino ou non resulten adxudicatarios/as de ningún polos que optasen, non poderán ser nomeados/as persoal estatutario fixo e quedarán sen efecto todas as súas actuacións neste proceso.

Cuarto. Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante este órgano directivo, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente na xurisdición contencioso-administrativa nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2023

Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO I

Relación de aspirantes definitivamente seleccionados/as

Cociñeiro/a

Nº orde

DNI

Apelidos e nome

Acceso

Nota OPE

Formación

Experiencia

Outras actividades

Total

1

***1792**

Calvo Varela, María Jesús

PI

47,250

8,000

27,650

4,000

86,900

2

***9821**

Martínez Estévez, José Manuel

PI

48,250

8,000

17,650

4,000

77,900

3

***4596**

Caldeiro Pérez, Álvaro

PI

51,875

8,000

13,200

4,000

77,075

4

***5968**

López Fernández, José Ramón

PI

40,375

8,000

28,000

0,000

76,375

5

***7173**

Pisos Otero, Silvia

PI

46,875

8,000

11,930

4,000

70,805

6

***7863**

López Santiago, Ana Belén

PI

35,125

8,000

17,100

4,000

64,225

7

***8890**

Rey Villamayor, Benjamín

PI

42,500

5,310

12,250

4,000

64,060

8

***9877**

Vázquez Rodríguez, José Andrés

PI

39,375

8,000

11,190

4,000

62,565

9

***7210**

López Ruzo, Sonia

PI

37,375

8,000

11,450

4,000

60,825

10

***1079**

Parga Taboada, María Isabel

PI

35,250

8,000

10,000

4,000

57,250

11

***3710**

Pena Juncal, Laura

LI

54,625

8,000

22,100

4,000

88,725

12

***1710**

Vilasuso Bellas, Susana

LI

48,125

8,000

28,000

4,000

88,125

13

***6344**

Arias Lago, José Ramón

LI

45,375

8,000

28,000

4,000

85,375

14

***5301**

Sánchez Piñeiro, Ana Isabel

LI

49,250

8,000

23,950

4,000

85,200

15

***5110**

Otero Viana, Ana Belén

LI

43,875

8,000

28,000

4,000

83,875

16

***7987**

Freire Mella, Mónica

LI

45,625

8,000

25,600

4,000

83,225

17

***9117**

Cabarcos Vizoso, David

LI

50,375

8,000

19,400

4,000

81,775

18

***9041**

Dosil Martínez, Mónica

LI

41,375

8,000

28,000

4,000

81,375

19

***2940**

Fernández Suárez, José Antonio

LI

50,750

8,000

18,600

4,000

81,350

20

***7951**

Manso Bellas, Marta

LI

41,125

8,000

28,000

4,000

81,125

21

***2457**

Feijóo Losada, Pilar

LI

41,000

8,000

28,000

4,000

81,000

22

***8942**

Castro Bailón, María José

LI

40,250

8,000

28,000

4,000

80,250

23

***8594**

Vázquez Gómez, María Concepción

LI

39,500

8,000

28,000

4,000

79,500

24

***8635**

Esperato Vázquez, Lourdes

DI

40,750

8,000

13,450

4,000

66,200

Acceso: DI: discapacidade xeral; LI: libre; PI: promoción interna.

(*) Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.

ANEXO II

Relación de destinos ofertados

Cociñeiro/a

Centro directivo

Centro/s

Quenda

Concello

Núm. prazas

A.S. da Coruña e Cee

A.S. da Coruña e Cee

-

A Coruña

8

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

-

Santiago de Compostela

4

A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

-

Lugo

4

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

-

Ourense

5

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Hospital Público de Valdeorras

-

O Barco de Valdeorras

2

A.S. de Pontevedra e O Salnés

A.S. de Pontevedra e O Salnés

-

Pontevedra

1