Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 2 de xuño de 2023 Páx. 34149

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 5 de maio de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a afección de catro parcelas pola instalación eléctrica LMT, CT O Castro prevista no concello de Mos (expediente IN407 2023/172-4).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), por resultaren descoñecidas as persoas interesadas, notifícaselles a información pública da solicitude de declaración de utilidade pública da instalación eléctrica LMT, CT O Castro (expediente IN407 2023/172-4) e as afeccións das parcelas indicadas no anexo.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para compareceren, en persoa ou debidamente representadas, nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación en Pontevedra, con enderezo na avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 5 de maio de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2023/172-4.

Denominación: LMT, CT O Castro.

Concello: Mos.

Lugar

Cultivo

Referencia vatastral

Titular

Apoio/CT

Afeccións

m2

ml aér.

ml sub.

m2 aér.

m2 sub.

1

Fernal

Prado

36033A028000710000SZ

Descoñecido/a

1

1,00

68,04

544,04

2

Fernal

Labor

36033A028000700000SS

Descoñecido/a

1

1,00

135,59

3

Fernal

Labor

36033A028000720000SU

Descoñecido/a

16,76

170,65

4

Ceidón

Prado

36033A028000120000SB

Descoñecido/a

1

2,00

4,54

2,41

44,80

7,04