Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 2 de xuño de 2023 Páx. 34151

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 5 de maio de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a afección de catro parcelas pola instalación eléctrica LMTS e CT O Pobo, prevista no concello de Pontevedra (expediente IN407 2023/128-4).

De conformidade co disposto nos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), notifícanselles ás persoas interesadas a información pública da solicitude de declaración de utilidade pública da instalación eléctrica LMTS e CT O Pobo (expediente IN407 2023/128-4) e as afeccións das parcelas indicadas no anexo.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para compareceren, en persoa ou debidamente representadas, nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación en Pontevedra, con enderezo na avenida María Victoria Moreno, nº 43, 36003 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 5 de maio de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2023/128-4.

Denominación: LMTS, CT O Pobo.

Concello: Pontevedra.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

CT (m2)

Apoio

Afeccións

m2

ml aér.

m2 aér.

3

Campos

Matogueira

36900A067004220000QZ

Descoñecido/a

11,00

157,00

5

Outeiro de Bouzas

Prado

36900A067002330000QH

Descoñecido/a

30,00

6

Outeiro de Nes

Prado

36900A067002190000QD

Descoñecido/a

11-7-1

1,00

10,00

129,00

11

Vía de comunicación

Praza

36900A067090020000QH

Asociación veciñal

17,00