Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 2 de xuño de 2023 Páx. 33957

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se publica o anuncio da convocatoria de concurso público de méritos para cubrir postos de dirección dos centros de formación e recursos e asesorías do Centro Autonómico de Formación e Innovación e dos centros de formación e recursos.

De acordo co previsto no artigo 10.3 do Decreto 74/2011, do 14 de abril, polo que se regula a formación permanente do profesorado que imparte ensinanzas establecidas na Lei orgánica de educación (LOE) en centros públicos sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos resolve anunciar:

Primeiro. Que na páxina web da Consellería de Cultura, Educación Formación Profesional e Universidades (http://www.edu.xunta.gal/portal/) estará dispoñible a convocatoria de concurso público de méritos para cubrir postos de dirección dos centros de formación e recursos e asesorías no Centro Autonómico de Formación e Innovación e nos centros de formación e recursos.

Segundo. Que o prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Que as persoas que desexen participar no concurso deberán cubrir a solicitude a través do formulario normalizado PR004A, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e presentala, xunto coa documentación a que fai referencia o artigo 5 da orde de convocatoria.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2023

Jesús Manuel Álvarez Bértolo
Director xeral de Centros e Recursos Humanos