Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 2 de xuño de 2023 Páx. 33954

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2023 do tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso na escala de auxiliares de clínica, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Orde do 20 de febreiro de 2019, pola que se modifica a baremación definitiva da fase de concurso, se modifica a orde na relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo e se fai pública a relación de catro novos aspirantes que superaron o proceso selectivo.

Nas sesións que tiveron lugar os días 27 de abril de 2023 e 24 de maio de 2023, o tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso na escala de auxiliares de clínica, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Orde do 20 de febreiro de 2019 (DOG núm. 39, do 25 de febreiro),

RESOLVE:

Primeiro. Mediante a Resolución do 22 de febreiro de 2023 (DOG núm. 46, do 7 de marzo) este tribunal acordou facer pública a baremación definitiva da fase de concurso.

A raíz da estimación de recursos de alzada, este tribunal acorda modificar a Resolución do 22 de febreiro de 2023 (DOG núm. 46, do 7 de marzo) en relación coas puntuacións das persoas aspirantes afectadas da quenda de acceso libre, que pasan a ter as seguintes puntuacións:

NIF

Apelidos e nome

a

b

Experiencia

Cursos

Total

***2799**

Fernández Rubio, Estrella

0,00

3,20

3,20

1,50

4,70

***6283**

Montero Faro, María Rosa

22,00

0,10

22,10

3,95

26,05

***8016**

Pérez Laranga, Josefa María

2,20

0,00

2,20

4,50

6,70

***8236**

Redondo Fernández, María Benita

2,20

1,80

4,00

0,00

4,00

***9616**

Sabaris Riobó, Albina

34,80

0,10

34,90

5,00

39,90

***5145**

Vasallo Prieto, María Luisa

0,80

1,60

2,40

4,50

6,90

Segundo. Por outra banda, mediante a Resolución do 2 de marzo de 2023 (DOG núm. 51, do 14 de marzo) este tribunal acordou elevar ao director xeral de Función Pública a listaxe das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para que elaborase a proposta de nomeamento como persoal funcionario de carreira da Xunta de Galicia das persoas que figuraban nela. Nesta resolución, e de conformidade coa base IV.2 da convocatoria, establécese que as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo e que constan no anexo da devandita resolución disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar a documentación prevista na citada base.

O 19 de abril de 2023, mediante escrito da Dirección Xeral da Función Pública, requíreselle a este tribunal que propoña catro novas persoas aspirantes, xa que de excluíron catro persoas aspirantes en virtude da Resolución do 17 de abril de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se exclúen catro aspirantes do proceso selectivo para o ingreso na escala de auxiliares de clínica, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade coa base II.3 da convocatoria, a orde de prelación das persoas aspirantes virá dada pola suma da puntuación dos exercicios da oposición. Non poderá superar o proceso selectivo un número superior de persoas ao de prazas convocadas. Non obstante, para asegurar a cobertura das vacantes, se se producen renuncias das persoas seleccionadas antes do seu nomeamento ou toma de posesión, o órgano convocante poderá requirir unha relación complementaria das persoas que sigan por puntuación ás propostas. Para estes efectos, terán a mesma consideración que as renuncias os supostos das persoas aspirantes que, dentro do prazo fixado, agás os casos de forza maior, non presenten a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos ou do seu exame se deduza que carecen dalgún deles e, en consecuencia, non poidan ser nomeadas persoal funcionario de carreira.

Así mesmo, debido á modificación da puntuación do baremo definitivo das persoas afectadas reflectidas no parágrafo primeiro desta resolución, este tribunal acorda modificar a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo acordada mediante a Resolución do 2 de marzo de 2023 (DOG núm. 51, do 14 de marzo), en relación coa orde de prelación das aspirantes afectadas, e renumerar a relación de persoas aprobadas, tal e como se publica no seguinte cadro:

Nº de orde

Acceso

NIF

Apelidos e nome

1º ex.

2º ex.

Concurso

Total

3

Libre

***9616**

Sabarís Riobó, Albina

40,88

Exenta

39,90

80,78

101

Libre

***6283**

Montero Faro, María Rosa

31,13

Exenta

26,05

57,18

161

Libre

***5145**

Vasallo Prieto, María Luisa

38,63

Exenta

6,90

45,53

Terceiro. Con base no anterior, este tribunal acorda publicar, como anexo a esta resolución, o lista das catro novas persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, coas puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade, que ocupan as posicións que se reflicten no anexo na orde de persoas aspirantes aprobadas, e procedeu a renumerar a orde a partir do posto número 233.

De conformidade co establecido na base IV.2 da convocatoria e na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, estas catro persoas aspirantes dispoñen dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentaren a documentación prevista na citada base.

Cuarto. Elevar esta nova relación ao titular da Dirección Xeral da Función Pública para os efectos de que as persoas afectadas sexan propostas para o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.

Quinto. De acordo co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2023

Regina Martín de Vidales Delgado
Presidenta do tribunal

ANEXO

Nº de orde

Acceso

DNI

Apelidos e nome

1º ex.

2º ex.

Concurso

Total

233

Libre

***8016**

Pérez Laranga, Josefa María

33,94

Exenta

6,70

40,64

260

Libre

***8236**

Redondo Fernández, María Benita

35,44

Exenta

4,00

39,44

283

Libre

***2799**

Fernández Rubio, Estrella

33,94

Exenta

4,70

38,64

299

Libre

***3198**

Tizón Fernández, Mercedes

34,50

Exenta

3,44

37,94