Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 1 de xuño de 2023 Páx. 33781

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica nos concellos de Barreiros e Lourenzá (expediente IN407A 2022/201-2).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Begasa.

Domicilio social: rúa Ramón María Aller Ulloa, 9, 27003 Lugo.

Denominación: novas LAT 20 kV de SE Barreiros a CT 6906 Tilleira e CT 4981 vivendas sociais.

Situación: concellos de Barreiros e Lourenzá.

Características técnicas principais:

• Liña soterrada de alta tensión Lorenzana 1 a 20 kV, con orixe na subestación de Barreiros e final no CT prefabricado 6906 Tilleira (proxectado), cunha lonxitude de 4.701 metros, en condutor HEPRZ1-240 mm.

• Liña soterrada de alta tensión Lorenzana 1 a 20 kV, con orixe no CT prefabricado 6906 Tilleira (proxectado) e final no CT 4981 vivendas sociais (para reformar), cunha lonxitude de 941 metros, en condutor HEPRZ1-240 mm.

• Liña soterrada de alta tensión Lorenzana 2 a 20 kV, con orixe na subestación de Barreiros e final no CT 4981 vivendas sociais (para reformar), cunha lonxitude de 5.470 metros, en condutor HEPRZ1-240 mm.

• Novo centro de transformación prefabricado 6906 Tilleira, cunha potencia proxectada de 630 kVA e unha potencia instalada de 50 kVA, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de protección telemandadas, relación de transformación 20.000/400-230 V.

• Reforma e automatización do centro de transformación 4981 vivendas sociais, cunha potencia proxectada de 630 kVA e unha potencia inicial de 250 kVA, no cal desmantela a aparataxe existente e se instalan catro celas de liña, unha de interruptor pasante e unha de protección telemandadas, adecúase o interior do CT, mellorase o circuíto de terras e instálase un novo cadro de baixa tensión de supervisión con 8 saídas, relación de transformación 20.000/400-230 V.

• Desmontaxe de 62 metros de condutor tipo RHZ1-150, 690 metros de condutor LA-30 e desmontaxe do CTI 14353 Tilleira.

Finalidade da instalación: mellora de instalacións.

Orzamento: 1.298.061,50 euros.

Documentación que se xunta:

• Separata para o Concello de Barreiros.

• Separata para o Concello de Lourenzá.

• Separata para Augas de Galicia.

• Separata para a Consellería de Cultura.

Esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,

RESOLVE:

En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionada ao cumprimento das seguintes condicións:

Primeira. As instalacións deberanse axustar na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución, e a dirección de obra deberá levala a cabo un técnico competente.

Segunda. A peticionaria asegurará o mantemento e vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. En todo momento deberanse cumprir as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular, canto establecen a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente en dereito.

Lugo, 12 de maio de 2023

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo