Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 1 de xuño de 2023 Páx. 33763

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello da Coruña (expediente-e IN407A 2022/445-1).

Expediente-e: IN407A 2022/445-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: instalación de telecontrol no apoio AECIJ55T/ 28-1 e adecuación da LMT SBN717B, no lugar da Zapateira na parroquia de San Vicenzo de Elviña.

Concello: A Coruña.

Feitos:

1) O día 23 de decembro de 2022, a empresa promotora solicita ante esta xefatura territorial a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da dita instalación de distribución eléctrica, coa fin de mellorar a calidade da subministración eléctrica no lugar da Zapateira, nos concellos da Coruña e Culleredo. Proxéctase a instalación dunha chave telecontrolada e facer labores de adecuación na liña de distribución de media tensión LMT SBN717B Zapateira Provisional 17 (expediente: 6.842), procedente da subestación Sabón, substituíndo varios apoios e dous vans de diferentes treitos.

Achegan o proxecto que inclúe memoria, planos e orzamento, ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000 que abrangue os seguintes documentos:

• Proxecto de execución nomeado: instalación de telecontrol en apoio AECIJ55T//28-1 e adecuación de LMT SBN717B, asinado o 20 de outubro de 2022 por Rubén Fervenza Nicolás, graduado en Enxeñería Eléctrica con número colexial 4.684 de Vigo (COITIVIGO) e con número de visado 22202324 do 20 de outubro de 2022.

2) O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económia de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

3) Consonte os artigos 127.1 e 127.2 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, déuselles traslado ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas dunha separata do proxecto, na parte en que a instalación puidese prexudicar bens e dereitos ao seu cargo, que contén as características da instalación e a documentación cartográfica correspondente. Solicitóuselles o preceptivo informe aos concellos da Coruña e Culleredo. No día desta resolución, non consta no expediente resposta dos organismos afectados, é dicir, os concellos, á solicitude dos condicionados solicitados.

4) O 20 de xaneiro de 2023 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

1. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, no Decreto 73/2022, do 25 de maio, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia, e no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación.

2. A lexislación que se aplica neste expediente é a que deseguido se relaciona:

1. A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

2. O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

3. O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

4. O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

5. O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

6. A Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

3. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

• Actuación 1:

• Retensado do treito da LMTA a 15 kV de 71 metros, condutor tipo LA-56 Al, coa orixe no apoio número 27 existente da LMT SBN717B Zapateira Provisional 17 (expediente 6.842), procedente da subestación Sabón e remate no apoio número 28 que se vai substituír.

• Novo condutor en treito (actuación 1): LMTA a 15 kV de 204 m, condutor tipo LA-110 Al, coa orixe no apoio número 28 existente que se vai substituír e remate no apoio número 30 que se vai mudar.

• Retensado do treito LMTA a 15 kV de 162 m, condutor tipo LA-56 Al, coa orixe no apoio número 29 para substituír e remate no apoio número 31 existente.

• Actuación 2:

• Novo condutor en treito da LMTA a 15 kV de 126 m, condutor tipo LA-56 Al, coa orixe no apoio número 28-1 existente que se vai substituír e remate no apoio número 28-3 para cambiar.

• Retensado treito da LMTA a 15 kV de 52 m, condutor tipo LA-56 Al, coa orixe no apoio número 28-3 que se vai substituír e remate no apoio número 28-4 existente.

• Instalación de ITC no apoio número AECIJ55T//28-1 existente que se vai substituír e retirada do seccionador XS existente. Cambio dos apoios números 8, 28-1, 28-2, 28-3, 29 e 30 existentes de formigón por outros de tipo metálico de celosía.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o sinalado,

RESOLVO:

A) Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á dita instalación de distribución eléctrica.

B) A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

▪ As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

D) Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselle á empresa promotora esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 8 de maio de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña