Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 1 de xuño de 2023 Páx. 33747

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Marín (expediente IN407A 2023/193-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Enderezo social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: LMTA, CT Pumar.

Situación: Marín.

Descricións técnicas: liña de media tensión aérea a 20 kV, con condutor LA-56, de 68 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente A0BL8KT5//44, CH-630/13, da LMTA LOZ808B e final no apoio proxectado C-2000/12, en que se instala o centro de transformación intemperie. Centro de transformación intemperie a 100 kVA con R.T. 20 kV/400 V, situado fronte á vivenda 6B, lugar Bravos, na parroquia de San Xián. A instalación está situada en Pumar, na parroquia de San Xián, no municipio de Marín (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 5 de maio de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº expediente: IN407A 2023/193-4.

Denominación: LMTA, CT Pumar.

Concello: Marín.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Apoio (m2)

Afeccións

ml aér.

m2 aér.

1

Bravos

Rústico

36026A008006940000LA

Ricardo Lois Riqueza

24,58

2

Pumar

Rústico

36026A008006910000LU

Antonio Soage González e José Soage González

9,25

35.06

3

Pumar

Rústico

36026A008006910000LU

Antonio Soage González e José Soage González

2,00

10,85

29,83

4

Bravos

Rústico

36026A008006960000LY

Pilar Iglesias Cons

28,21

5

Pumar

Rústico

36026A008006930000LW

Dolores Oimil Carballo

22,17

53,52

6

Bravos

Rústico

36026A008006970000LG

Manuel Rial Montes

2,00

23,93

85,51

7

Bravos

Rústico

36026A008006990000LP

Dolores Oimil Carballo

5,49