Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 1 de xuño de 2023 Páx. 33749

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Gondomar (expediente IN407A 2023/191-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: LMTS VAA708 e CTC Gonda.

Situación: Gondomar.

Descricións técnicas:

Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 15 kV, con condutor RHZ1, de 176 metros de lonxitude, con orixe no pórtico existente formado por dous apoios de tipo HV-1000/13 con matrícula 9WFJLJ2G//36-26-5-CTA, mediante un paso aero-subterráneo, e final no centro de transformación proxectado.

Centro de transformación compacto telecontrolado a 250 kVA, con R.T. 15 kV/400 V, situado na parcela con referencia catastral 3020805NG2632S0001EH, no camiño Lago.

Desmontaxe do centro de transformación intemperie Gonda.

A instalación está situada no lugar de Lago, parroquia de Morgadáns, no municipio de Gondomar (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 5 de maio de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº expediente: IN407A 2023/191-4.

Denominación: LMTS VAA708 e CTC Gonda.

Concello: Gondomar.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

CT (m2)

Afeccións

ml sub

m2 sub

1

Pedra-Morgadáns

Labor

2820541NG2622S0001GS

Roberto Alonso González e Olga Alonso González

16,69

60,00

2

Pedra-Morgadáns

Urbana

3020805NG2632S0001EH

Descoñecido/a

16,81

6,13

25,20