Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 1 de xuño de 2023 Páx. 33800

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ACORDO do 14 de maio de 2023 polo que se somete a información pública o borrador do proxecto de ordenación produtiva da aldea modelo de Cortegazas (Avión, Ourense).

Antecedentes:

1. Mediante o Acordo do Consello de Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, do 23 de agosto de 2022, foi declarada a seguinte aldea modelo ao abeiro da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia:

Nº de expediente

Denominación

Data de aprobación

AM-22-10

Acordo polo que se declara a aldea de Cortegazas, no concello de Avión (Ourense), como aldea modelo.

23.8.2022

2. De conformidade co previsto no artigo 113 da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia, iniciouse a elaboración do proxecto de ordenación produtiva da citada aldea modelo, que se encontra en fase de borrador.

Consideracións legais e técnicas:

1. Este procedemento réxese polo disposto na Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia; na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; no Decreto 79/2001, do 6 de abril, polo que se aproba o Regulamento da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural; na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, e nas demais disposicións normativas de aplicación.

2. A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, con CIF Q-1500273F, creouse mediante a disposición adicional sexta da Lei 5/2000, do 28 de decembro, de medidas fiscais e de réxime orzamentario e administrativo (DOG núm. 251, do 29 de decembro), como un ente de dereito público dos previstos no artigo 12.1.b) do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro (artigo derrogado pola disposición derrogatoria primeira da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, no sucesivo Lofaxga).

Ten a condición de entidade pública instrumental do sector público autonómico e de medio propio e servizo técnico da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 47 en relación co artigo 45.a) da Lofaxga.

Da disposición transitoria terceira da Lofaxga deriva que as normas de organización e funcionamento da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural deberán adecuarse ao disposto nesta lei para as axencias públicas autonómicas.

As súas funcións e competencias están previstas no Decreto 79/2001, do 6 de abril, polo que se aproba o Regulamento da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, modificadas polo artigo segundo da Lei 12/2008, do 3 de decembro, pola que se modifican a Lei 7/1996, do 10 de xullo, de desenvolvemento comarcal, e a Lei 5/2000, do 28 de decembro, de medidas fiscais e de réxime orzamentario e administrativo, e se racionalizan os instrumentos de xestión comarcal e de desenvolvemento rural, modificadas polo punto dous da disposición derradeira terceira da Lei 15/2010, do 28 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, e modificadas, finalmente, polo artigo 7 da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia.

3. Os artigos 110 e seguintes da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación de terra agraria de Galicia, regulan o procedemento administrativo que se debe seguir nos procedementos para aprobación das aldeas modelo. En todo o non regulado neles observarase o disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por aplicación da súa disposición adicional primeira.

4. O artigo 115 da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia, dispón que: «1. Salvo nos supostos en que o proxecto de ordenación produtiva se encontre sometido ao procedemento de avaliación ambiental, os borradores de proxectos de ordenación produtiva someteranse a un trámite de información pública durante o prazo dun mes desde a publicación do anuncio do dito trámite no Diario Oficial de Galicia. O anuncio remitiráselles aos concellos solicitantes, que o publicarán tamén no taboleiro de edictos dos concellos onde estea situada a aldea modelo. Igualmente, o citado anuncio figurará na páxina web da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, onde estará dispoñible toda a documentación. 2. Concluída a tramitación da avaliación ambiental, nos casos en que sexa preceptiva, ou finalizado o trámite de información pública regulado no número anterior nos restantes supostos, avaliaranse todas aquelas alegacións presentadas e incorporaranse, de ser o caso, as modificacións procedentes no contido do proxecto de ordenación produtiva. 3. O Consello Reitor da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, concluída a tramitación anterior e por proposta da persoa titular da súa dirección xeral, aprobará o proxecto de ordenación produtiva. A aprobación publicarase no Diario Oficial de Galicia, no taboleiro de edictos dos concellos onde se localice a aldea modelo e na páxina web da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural».

5. Os orixinais e as copias electrónicas dos documentos que se sinalen con código de verificación electrónica (CVE) pódense verificar e descargar de xeito electrónico en https://sede.xunta.gal/cve

6. Competencia.

O artigo 8.3 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, dispón que: «Se algunha disposición atribúe a competencia a unha Administración, sen especificar o órgano que debe exercela, entenderase que a facultade de instruír e resolver os expedientes lles corresponde aos órganos inferiores competentes por razón da materia e do territorio. Se existe máis dun órgano inferior competente por razón de materia e territorio, a facultade para instruír e resolver os expedientes corresponderalle ao superior xerárquico común destes».

Similares termos se establecen no artigo 5.4 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

O órgano competente para a identificación e a declaración de zonas de actuación para a aplicación de proxectos de mobilización de terras e para o fomento da mobilización de terras a través do programa de aldeas modelo, para a integración cautelar de predios, a aprobación ou formulación da declaración de aldea modelo e do proxecto de ordenación produtiva é o Consello de Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, que ten delegada a dita competencia na persoa titular da Dirección Xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, en virtude do Acordo do Consello de Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, do 23 de xuño de 2020, publicado mediante a Resolución do 30 de xuño de 2020 (DOG núm. 136, do 9 de xullo).

O artigo 10.2.j) do Decreto 79/2001, do 6 de abril, polo que se aproba o Regulamento da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, establece que lle corresponde ao director xeral xestionar a Axencia e render contas ante o Consello de Dirección.

Por todo o exposto,

ACORDO:

De conformidade co disposto no artigo 115.1 da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia, someter ao trámite de información pública durante o prazo dun mes mediante anuncios que se publicarán no Diario Oficial de Galicia, no taboleiro de editos do concello en que se sitúe a aldea e na páxina web da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (https://agader.xunta.gal/gl/recuperacion-de-terras/aldeas-modelo/ ou https://agader.xunta.gal/es/recuperacion-de-tierras/aldeas-modelo), onde estará dispoñible toda a documentación, os borradores dos proxectos de ordenación produtiva para a aldea de Cortegazas, no concello de Avión (Ourense). CVE: plX0TASggdk0, FLxlPXLlR7M0, 3QE5CrCPhBV1.

Durante este prazo poderanse realizar as achegas e alegacións que se consideren oportunas, mediante escrito dirixido á directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, mediante calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Este acordo constitúe un acto de trámite, contra o cal non cabe recurso ningún. Poderase unicamente, segundo o artigo 112 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, alegar a súa oposición para a súa consideración na resolución que poña fin ao procedemento. Igualmente, se se considera que o dito acto decide directa ou indirectamente o fondo do asunto, determina a imposibilidade de continuar o procedemento, produce indefensión ou prexuízo irreparable a dereitos e intereses lexítimos, poderase interpor recurso de alzada ante o Consello de Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución ou acto administrativo, de conformidade cos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Non obstante, poderase interpor calquera outro recurso que se considere procedente.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2023

Inés Santé Riveira
Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural