Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 31 de maio de 2023 Páx. 33215

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2023 pola que se dá publicidade á adhesión dunha entidade financeira ao convenio para a habilitación dun marco de apoio ao acceso ao financiamento das pequenas e medianas empresas, subscrito coas sociedades de garantía recíproca (financiamento Igape-pemes) (código de procedemento IG535A).

O Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica, na súa xuntanza do día 28 de marzo de 2023, acordou por unanimidade dos seus membros asistentes a aprobación das bases reguladoras do marco de apoio ao acceso ao crédito das pequenas e medianas empresas, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as sociedades de garantía recíproca (SGR) e as entidades de crédito adheridas (financiamento Igape-pemes). As ditas bases son publicadas mediante a Resolución do 9 de maio de 2023 (DOG nº 90, do 11 de maio).

Xunto co texto das devanditas bases publicouse a relación das entidades financeiras que se adheriron ao convenio.

Posteriormente, con data do 15 de maio de 2023, adhírese a entidade financeira Caixabank, S.A., polo que cómpre facelo público.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño conferidas,

RESOLVO

Único. Engadir a entidade financeira Caixabank, S.A. á relación de entidades financeiras adheridas ao convenio para a habilitación dun marco de apoio ao acceso ao financiamento das pequenas e medianas empresas, subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e as sociedades de garantía recíproca (financiamento Igape-pemes).

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2023

Fernando Guldrís Iglesias
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica