BDNS (Identif.): 698420.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans).
Primeiro. Entidades beneficiarias
As sociedades laborais e cooperativas que xurdan dalgún dos procesos regulados no número 1 do artigo 5 da orde e, ademais, cumpran os requisitos regulados nos números 2 e 3 do mesmo artigo.
Segundo. Obxecto e finalidade
Apoiar a transformación de cooperativas e sociedades laborais, por parte de persoas traballadoras de entidades con negocios sen remuda xeracional, por parte de persoas traballadoras autónomas ou mediante a transformación de sociedades.
Terceiro. Bases reguladoras
Orde do 9 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do programa ES-Transforma en cooperativas ou sociedades laborais e se procede á súa convocatoria para a anualidade 2023 (código de procedemento TR802R).
Cuarto. Contía
O orzamento total ascende a dous millóns trescentos setenta mil euros (2.370.000 €), distribuído en dúas aplicacións orzamentarias:
Aplicación orzamentaria |
Código do proxecto |
2023 |
Importe total |
11.30.324C.471.0 |
2021.0067 |
570.000,00 € |
570.000,00 € |
11.30.324C.771.0 |
2021.0067 |
1.800.000,00 € |
1.800.000,00 € |
Total |
2.370.000,00 € |
A contía da axuda será equivalente ao 90 % do custo total dos gastos subvencionables regulados no artigo 6 da orde e cos límites establecidos no artigo 7.1.
As axudas poden incrementarse no caso de que as entidades beneficiarias cumpran algunha das condicións reguladas no artigo 7.2 da orde.
En todo caso, a axuda total para cada entidade beneficiaria polos conceptos recollidos nos números 1 e 2 do artigo 7 da orde non poderá exceder os 74.000 €.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo xeral para a presentación das solicitudes de axuda comezará a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia e rematará o 15 de setembro de 2023, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito orzamentario.
Santiago de Compostela, 9 de maio de 2023
María Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade