Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 29 de maio de 2023 Páx. 32436

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lalín

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan especial de infraestruturas e dotacións (PEID) de ampliación do Sistema xeral de equipamento SG-EQ.4 (Área deportiva Lalín-Arena).

A Xunta de Goberno local, en sesión do 4 de abril de 2023, aprobou inicialmente o Plan especial de infraestruturas e dotacións (PEID) de ampliación do Sistema xeral de equipamento SG-EQ.4 (Área deportiva Lalín-Arena), de marzo de 2023, redactado polos servizos técnicos municipais (expediente 1033/2022).

En cumprimento do disposto no artigo 75 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública, polo prazo de dous meses contado a partir do día seguinte a aquel en que teña lugar a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lalín, 26 de abril de 2023

O alcalde
P.D. (Decreto da Alcaldía do 14.8.2020; BOP do 24 de agosto)
Raquel Lorenzo Fernández
Concelleira de Urbanismo