Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 29 de maio de 2023 Páx. 32435

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Brión

ANUNCIO de aprobación definitiva de estudo de detalle.

O Pleno do Concello, en sesión do 19 de abril de 2023, adoptou o seguinte acordo:

1º. Aprobar definitivamente o estudo de detalle para completar a aliñación do solo urbano consolidado (UC1) de Bastavales, presentado por Jesús Chaves Rivas, que actúa en representación de Servipro Consultores, S.L., o 30.1.2023 (r.e. 202399900000110), cuxo promotor é Pablo Vázquez Villar, e asinado polo arquitecto Alfredo Varela Nogueira o 30.1.2023, nas parcelas con referencia catastral 7918905NH2471N0001GS e 7918916NH2471N0001KS, situadas en Sabaxáns, Bastavales.

2º. Este acordo notificarase persoalmente aos interesados e publicarase no Diario Oficial de Galicia. Unha vez publicado o acordo no Diario Oficial de Galicia, remitirase á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio a documentación exixida polo artigo 88.3 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, para os efectos de inscribir o estudo de detalle no Rexistro de Ordenación do Territorio e Planeamento Urbanístico de Galicia. Logo de que conste a inscrición no Rexistro, publicarase a normativa no Boletín Oficial da provincia, consonte o establecido nos artigos 199.4, 209.1, 212.2 e 215 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, do regulamento de desenvolvemento da Lei 2/2016.

Contra ese acordo poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Brión, 2 de maio de 2023

Pablo Lago Sanmartín
Alcalde