Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 29 de maio de 2023 Páx. 32438

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan parcial de ordenación do solo urbanizable non delimitado número 8 (SUND-8) Monte Vidán.

O Pleno da Corporación do Concello de Santiago de Compostela, na sesión ordinaria que tivo lugar o 4 de xullo de 2022, aprobou definitivamente o Plan parcial de ordenación do SUND-8 (Monte Vidán), formulado por iniciativa particular de Santiago Sur Galicia, S.L. (SSG) e asinado polo arquitecto Manuel Gallego Jorreto.

O 9 de agosto de 2022, a promotora presentou un documento refundido que integra as reformas sinaladas no acordo plenario de aprobación definitiva.

O acordo de aprobación definitiva publicarase no Diario Oficial de Galicia, e a normativa e as ordenanzas publicaranse no Boletín Oficial da provincia.

Así mesmo, remitirase á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda a documentación exixida polo artigo 88.3 da LSG, para os efectos de inscribir o plan parcial no Rexistro de Ordenación de Territorio e Planeamento Urbanístico de Galicia.

En todo caso, e de conformidade co exixido polo artigo 199.4 do RLSG, a eficacia do acto de aprobación definitiva e a entrada en vigor do Plan quedan condicionadas ao cumprimento dos anteriores trámites e ao sinalado no artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases do réxime local, en relación co artigo 65.4 da mesma lei.

De conformidade co disposto polo artigo 267.2 do Regulamento de desenvolvemento da Lei do solo de Galicia, o acordo de aprobación definitiva do plan parcial determina o inicio do procedemento de equidistribución do polígono, que deberá publicarse no BOP e notificarse persoalmente aos titulares afectados.

Contra o acordo de aprobación definitiva do citado plan parcial poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2023

O alcalde
P.D. (DEC/4742/2019, do 17 de xuño de 2019)
Mercedes Rosón Ferreiro
Concelleira delegada de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica