Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 29 de maio de 2023 Páx. 32417

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2023, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda e Administración Pública, pola que se acorda a incoación do procedemento para a declaración da Comunidade Autónoma de Galicia como herdeira ab intestato de María Paz Sánchez Seoane.

María Paz Sánchez Seoane, con DNI 32107501F, nada na Coruña o 1 de xuño de 1931, faleceu o 7 de outubro de 2012 na mesma cidade, con derradeiro domicilio, segundo o Padrón municipal de habitantes, na rúa Uruguai, datos que figuran comprobados, xunto co da súa veciñanza civil galega, no informe preliminar do 8 de maio de 2023 do Servizo de Protección e Defensa Patrimonial da Subdirección Xeral do Patrimonio. O devandito informe foi emitido logo da realización das actuacións previas precisas que levan a considerar procedente a apertura do procedemento administrativo para a declaración da Comunidade Autónoma de Galicia como herdeira ab intestato da causante, pola presunta ausencia doutros herdeiros con dereito a suceder preferente ao da Administración autonómica, de conformidade co disposto na Lei 2/2006, de dereito civil de Galicia.

Segundo o anterior, en exercicio das competencias atribuídas á Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio nos artigos 4 da Lei 5/2011, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e 4 e 7 do Decreto 113/2022, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda e Administración Pública, e de acordo co artigo 20.bis da Lei 33/2003, de patrimonio das administracións públicas,

RESOLVO:

Primeiro. Incoar procedemento para a declaración da Comunidade Autónoma de Galicia como herdeira ab intestato de María Paz Sánchez Seoane.

Segundo. Publicar a presente resolución no Boletín Oficial del Estado, no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Consellería de Facenda e Administración Pública, Área Temática de Patrimonio-anuncios, que se poderá consultar na seguinte ligazón:

https://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/patrimonio/anuncios

Terceiro. Remitir copia da presente resolución ao Concello da Coruña, así como a calquera outro no que durante a instrución deste procedemento se detecten bens da persoa causante, para a súa exposición pública no seu taboleiro de anuncios, por prazo non inferior a un mes.

O prazo máximo ordinario para resolver este procedemento é dun ano contado desde a data de adopción da presente resolución.

Con anterioridade á resolución do procedemento, calquera interesado poderá presentar alegacións ou aportar os documentos e outros elementos de xuízo que considere oportunos, que se dirixirán á Consellería de Facenda e Administración Pública, Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, Subdirección Xeral do Patrimonio, código de expediente ABI/2016/0040, Edificio Administrativo San Caetano, bloque nº 3, 15781 Santiago de Compostela.

Conforme o previsto no parágrafo segundo do artigo 112.1 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, contra a presente resolución non se poderá interpor recurso administrativo, sen prexuízo de que as alegacións de oposición a este acto de trámite que se presenten durante o procedemento sexan obxecto de consideración, se procede, na resolución que poña fin ao procedemento.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2023

Jorge Atán Castro
Secretario xeral técnico e do Patrimonio da Consellería
de Facenda e Administración Pública