Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 29 de maio de 2023 Páx. 32419

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 16 de xuño de 2022, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación para a revisión da autorización ambiental integrada outorgada a Pescanova España, S.L. para unha planta de elaboración de produtos precociñados no Porriño (Pontevedra) (expediente 2020-IPPC-M-36).

O artigo 26 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 316, do 31 de decembro), regula a revisión das autorizacións ambientais integradas.

Os artigos 15 e 16 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 251, de 19 de outubro), regulan o procedemento de revisión das autorizacións ambientais integradas.

Para os efectos previstos no artigo 15.5.a) do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, sométese á información pública, durante un período de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o documento titulado Descrición e alcance da actividade (capacidade e grao de utilización) e descrición das instalacións, dos procesos e do tipo de produto, para que calquera persoa interesada poida consultalo e, de ser o caso, presentar dentro do citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes.

Os documentos estarán á disposición dos administrados nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, no Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa de San Lázaro s/n, Santiago de Compostela).

Ademais tamén se poderá consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (https://cmatv.xunta.gal/>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proxectos en información pública).

As alegacións, suxestións ou observacións dirixiranse ao Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2022

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade
e Cambio Climático

ANEXO

Expediente: 2020-IPPC-M-36.

Núm. da autorización ambiental integrada: 2006/0390_NAA/IPPC.

Categoría principal da actividade: anexo I, categoría 9.1.b.i) do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro.

Titular: Pescanova España, S.L.

NIF: B94123916.

Localización da instalación: polígono industrial das Gándaras, 36400 O Porriño (Pontevedra).

Referencia catastral da parcela: 1135005NG3613S0001BF.

Actividade principal: elaboración de produtos precociñados.

Descrición: a planta de Pescanova España, S.L. ten por actividade principal a elaboración de produtos precociñados. As instalacións ocupan unha parcela de aproximadamente 23.322 m² no polígono industrial das Gándaras, no concello do Porriño (Pontevedra).

A empresa dispón na actualidade de cinco liñas de produción operativas nas cales se elabora unha gama de 100 familias de produtos precociñados, rebozados e empanados que se engloban nas seguintes:

– Forma de aneis conxelados.

– Forma de aneis rebozados e/ou empanados prefritidos e ultraconxelados.

– Peixe cortado, rebozado ou empanado prefritido ou non prefritido u ultraconxelado.

– Peixe picado e formado, rebozado ou empanado prefritido ou non prefritido e ultraconxelado.

– Peixe cortado e formado, rebozado ou empanado prefritido ou non prefritido e ultraconxelado.

Debido á grande variabilidade de produtos que se elaboran e á necesidade de que as liñas de produción poidan absorber o deseño de novos produtos, a excepción dos túneles de conxelación, que son fixos, toda a maquinaria é móbil e adaptable en función das necesidades produtivas do momento.