Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 29 de maio de 2023 Páx. 32009

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se fai pública a aprobación definitiva da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal de Fene para a delimitación dos núcleos rurais dos Buios, O Redondo, O Feal, Lubián e O Piñeiro.

En cumprimento do disposto no artigo 82 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e nos artigos 144.18 e 199 do Decreto 143/2016, do 23 de setembro, polo que se aproba o seu regulamento, faise pública a aprobación definitiva da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal de Fene para a delimitación dos núcleos rurais dos Buios, O Redondo, O Feal, Lubián e O Piñeiro do concello de Fene (A Coruña), mediante a resolución da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, do 9 de maio de 2023, que figura como anexo.

Unha vez inscrita a devandita modificación no Rexistro de Ordenación do Territorio e Planeamento Urbanístico de Galicia, a súa documentación íntegra, incluído o extracto ambiental, poderá consultarse na seguinte ligazón: https://cmatv.xunta.gal/rexistro-de-planeamento-urbanistico-de-galicia

Así mesmo, o informe ambiental estratéxico e a demais documentación do procedemento de avaliación ambiental do referido plan poderá ser consultada na seguinte ligazón:

https://cmatv.xunta.gal/plans-e-programas-por-tipoloxia?p_p_id=aaeTipology_WAR_aae&p_p_lifecycle=0&p_p_state=normal&p_p_mode=view&p_p_col_id=column-2&p_p_col_count=1&_aaeTipology_WAR_aae__spage=%2Fportlet_action%2Faae%2FdetalleProxecto%3Fid%3D2378&_aaeTipology_WAR_aae_id=2378

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2023

María Encarnación Rivas Díaz
Directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo

ANEXO

Resolución de aprobación definitiva da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal de Fene para a delimitación dos núcleos rurais dos Buios, O Redondo, O Feal, Lubián e O Piñeiro

O Concello de Fene solicita a aprobación definitiva da modificación puntual do PXOM referida, en virtude do establecido no artigo 78.2.c) en relación co artigo 83.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (LSG).

Unha vez analizada a documentación achegada e vista a proposta subscrita pola Subdirección Xeral de Urbanismo, resultan:

I. Antecedentes.

1. O Concello de Fene dispón de Plan xeral de ordenación municipal aprobado o 23.1.2003, ao abeiro da Lei 1/1997, do solo de Galicia (DOG do 25 de febreiro de 2003).

2. A Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu informe o 9.3.2021, para os efectos do trámite de consultas previsto no artigo 78.4.b) da LSG.

3. A Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático formulou o informe ambiental estratéxico o 31.3.2021 (DOG do 20 de abril), no cal se resolve non someter a modificación ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica ordinaria. No marco do proceso de consultas previas contestaron, ademais da DXOTU:

• A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, informe do 12.2.2021.

• O Instituto de Estudos do Territorio, informe do 23.3.2021.

4. A secretaria municipal e o enxeñeiro de camiños municipal emitiron un informe técnico-xurídico conxunto previo á aprobación inicial o 18.11.2021.

5. O Pleno do Concello de Fene aprobou inicialmente a modificación puntual o 2.12.2021. Foi sometida á información pública polo prazo de dous meses (El Diario de Ferrol e La Voz de Galicia do 29.1.2022 e Diario Oficial de Galicia do 31.1.2022), notificada aos titulares catastrais coñecidos (con notificación mediante o BOE do 7 e do 28 de febreiro, e do 28 de marzo de 2022), e presentáronse 40 alegacións, segundo o informe municipal do 29 de decembro de 2022.

6. Consta a emisión dos seguintes informes non autonómicos:

• Secretaría de Estado de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, do 1.2.2022.

• Subdirección Xeral de Patrimonio (Ministerio de Defensa), do 8.2.2022.

• Deputación Provincial da Coruña, do 6.5.2022.

• Dirección Xeral de Telecomunicacións e Ordenación dos Servizos de Comunicación Audiovisual (Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital), do 18.2.2022, favorable.

• Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas (Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico), do 11.2.2022.

• Dirección Xeral de Aviación Civil, favorable, do 1.4.2022.

7. Consta a emisión dos seguintes informes autonómicos preceptivos:

• Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, do 28.1.2022.

• Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, en materia de solos contaminados, do 23.2.2022.

• Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, do 22.4.2022, favorable condicionado.

• Augas de Galicia, do 16.11.2022, favorable.

• Portos de Galicia, do 18.3.2022.

• Instituto de Estudos do Territorio, en materia de paisaxe, do 7.4.2022.

• Servizo de Montes da Consellería do Medio Rural, do 7.4.2022.

• Axencia Galega de Infraestruturas, do 23.9.2022.

8. A secretaria municipal e o enxeñeiro de camiños municipal emitiron un informe técnico-xurídico conxunto previo á aprobación provisional o 29.12.2022.

9. O Pleno do Concello de Fene aprobou provisionalmente a modificación o 17.1.2023.

10. A solicitude de aprobación definitiva realizouse e tivo entrada o 6.2.2023 no Rexistro da Xunta de Galicia, e completouse nas datas do 23 de febreiro, do 8 de marzo e do 15 de marzo de 2023.

II. Obxecto e descrición da modificación.

O obxecto da modificación puntual é delimitar como solo de núcleo rural os núcleos dos Buios e O Redondo, actualmente clasificados como solo urbano consolidado, e delimitar igualmente como solo de núcleo rural os núcleos do Feal, Lubián e O Piñeiro, que aparecen hoxe clasificados como solo rústico apto para urbanizar (solo rústico segundo a disposición transitoria primeira da LSG). Establécese unha normativa específica para estes núcleos rurais.

Os terreos actualmente clasificados como solo urbano que pasan a ser exteriores ás delimitacións dos núcleos rurais dos Buios e O Redondo clasifícanse como solo rústico, de protección ordinaria, de protección de augas ou de protección de infraestruturas.

III. Informe.

– Cuestións urbanísticas:

Foron cubertas as observacións formuladas no informe da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo do 9.3.2021, non obstante, na parte sur do núcleo dos Buios prodúcense dous incrementos da delimitación para integrar edificacións dentro do núcleo e enténdese que as máis afastadas son alleas a el e provocan un crecemento impropio ao longo das vías de comunicación; cuestión que non se axusta ao establecido nas Directrices de ordenación do territorio.

– Adaptación ao Plan de ordenación do litoral:

Todos os terreos obxecto das delimitacións están incluídos na área de ordenación do POL, sen incidencia na imaxe do bordo litoral, e con pequenas afeccións de áreas de corredor ecolóxico, como o que discorre entre os núcleos dos Buios e O Redondo asociado ao río Magalofes, o que estrema ao oeste co de Lubián, así como o situado ao norte do de O Piñeiro, asociado ao río Ba.

Téñense incluído modificacións que dan resposta aos aspectos indicados na consulta ambiental referentes aos núcleos de Lubián e O Piñeiro. Porén, no caso do núcleo dos Buios, as modificacións resultan discordantes co modelo territorial do POL e delimítanse novos crecementos ao longo de dúas vías de comunicación que se dirixen cara ao sur do núcleo, sobre terreos substancialmente baleiros, sen construcións de carácter tradicional que, agás as máis próximas, non cabe entendelas como funcionalmente vencelladas a el.

Segundo o artigo 37.c) da normativa do POL, que recolle os principios de aplicación á área de ordenación, deben favorecerse os procesos de compactidade dos núcleos existentes e evitarse os continuos lineais ao redor das vías de comunicación, como o da delimitación proposta; e cómpre corrixir esa delimitación para adaptala aos principios, criterios e normas do POL.

IV. Resolución.

En consecuencia, apróbase definitivamente a modificación puntual do PXOM de Fene para a delimitación dos núcleos rurais dos Buios, O Redondo, O Feal, Lubián e O Piñeiro; agás a parte sur do núcleo dos Buios sinalada no punto III anterior.