Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 26 de maio de 2023 Páx. 31900

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2023 pola que se nomean funcionarias en prácticas da escala de xestión, subgrupo A2, as persoas seleccionadas propostas polo tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola Resolución do 26 de novembro de 2021 (Diario Oficial de Galicia do 10 de decembro).

Unha vez rematadas as fases de oposición e de concurso, e de conformidade coa proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas para o ingreso na escala de xestión, logo de comprobar que as persoas aspirantes reúnen os requisitos exixidos na base 2 da convocatoria, en virtude do disposto no artigo 85 dos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela,

RESOLVO:

Primeiro. Nomear funcionarias e funcionarios en prácticas da escala de xestión, subgrupo A2, as persoas aspirantes propostas que se relacionan no anexo desta resolución, con efectos económicos e administrativos do día 1 de xuño de 2023 e ata que remate o período de prácticas.

Segundo. O período de prácticas terá carácter obrigatorio e eliminatorio segundo se determina no anexo I da Resolución do 26 de novembro de 2021 pola que se convocaban as probas selectivas.

Terceiro. As retribucións dos/das funcionarios/as en prácticas serán as establecidas no artigo 141 da Lei 2/2015, do 28 de abril, do emprego público de Galicia.

Cuarto. Quen xa estea prestando servizos na Universidade de Santiago de Compostela como funcionario/a de carreira, interino/a, ou como persoal laboral, deberá formular a opción para a percepción das remuneracións mentres persista a súa condición de funcionaria/o en prácticas, de conformidade co previsto no número 2 do citado artigo.

O tribunal, de conformidade co previsto no anexo I da convocatoria das probas selectivas, e á vista dos informes vinculantes do profesorado, declarará apto ou non apto os distintos aspirantes.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor un recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, perante o órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpor o dito recurso contencioso-administrativo mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro do artigo 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2023

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Relación definitiva de persoas aspirantes seleccionadas nas fases de concurso-oposición, por orde de puntuación:

Quenda de acceso libre:

Núm. orde

DNI

Apelidos e nome

1

***5289**

Vázquez Salgado, Lucía

2

***0724**

García Angulo, Minia

3

***0195**

Ventosa Fernández, María Gloria

4

***9902**

Valiño Lemos, Ramón