Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 26 de maio de 2023 Páx. 31925

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 8 de maio de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a Resolución do 8 de marzo de 2023, do Servizo de Infraestruturas Agrarias de Lugo, que modifica as bases definitivas da zona de concentración parcelaria de Triabá (Castro de Rei).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, ou ao ser o domicilio descoñecido, notifícaselle á persoa interesada na relación adxunta, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), a resolución ditada no expediente da zona de concentración parcelaria de Triabá (Castro de Rei-Lugo).

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), aínda que a eficacia do acto administrativo notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

A persoa interesada poderá comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, nas oficinas do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería do Medio Rural, sitas na rolda da Muralla 70, baixo primeiro, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento do contido íntegro do acto administrativo que se notifica e constancia de tal coñecemento.

Acto notificado: Resolución do 8 de marzo de 2023, do Servizo de Infraestruturas Agrarias de Lugo, que modifica as bases definitivas da zona de concentración parcelaria de Triabá (Castro de Rei-Lugo).

Durante o prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, a persoa interesada poderá interpoñer recurso de alzada ante a Consellería do Medio Rural, na forma legalmente prevista.

Lugo, 8 de maio de 2023

María Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Número de titular

DNI

636

33349649V