Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 26 de maio de 2023 Páx. 31924

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, sobre disolucións e cancelacións de sociedades agrarias de transformación (SAT).

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas á Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, acórdase publicar a relación das sociedades agrarias de transformación disoltas e canceladas conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto.

Lavandeira, SAT nº 950 Xuga, cancelada por transformación da entidade en Ganadería Lavandeira, S.L., mediante acordo aprobado na asemblea xeral do 9 de febreiro de 2023, ratificado o 17 de febreiro ante notario.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2023

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias