Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 22 de maio de 2023 Páx. 31063

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 4 de maio de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se lles notifican aos interesados as afeccións por construción dunha instalación eléctrica prevista no concello do Pereiro de Aguiar.

Mediante o Acordo do 31.3.2023, da Xefatura Territorial de Ourense, foi sometida á información pública a solicitude das autorizacións administrativas previa e de construción, e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello do Pereiro de Aguiar (expediente IN407A 2023/059-3), o cal foi publicado no DOG do 3.5.2023 e foi realizada ao mesmo tempo a notificación aos particulares afectados.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse os titulares do predio que no anexo se relacionan para seren notificados por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma.

As persoas interesadas ou as súas representantes deberán comparecer no prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Xefatura Territorial de Ourense da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, na rúa Curros Enríquez, nº 1-3º (Servizo de Enerxía e Minas), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.

Unha vez transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 4 de maio de 2023

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados

Número de expediente: IN407A 2023/059-3.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: instalación de reconectador TC na LMTA VLL813, no apoio núm. 118-41-1.

Termo municipal: O Pereiro de Aguiar.

Predio núm. en proxecto: 1; referencia catastral: 32059A067000040000OS.

Paraxe: transformador.

Cultivo: matogueira.

Titular: Hdros. de Pura Álvarez Álvarez.

Afeccións: ocupación de 2 m2 para o apoio núm. 118-41-1.