Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 22 de maio de 2023 Páx. 31062

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 3 de maio de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica o trámite de audiencia do expediente do proxecto de rehabilitación e abandono definitivo de labores do permiso de investigación Pedra País 01 número 2938 (PO/C/02938), nos concellos de Mondariz e Fornelos de Montes.

Logo de intentar en tempo e forma a práctica da notificación do acto administrativo que se relaciona no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, de conformidade co disposto nos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a través deste anuncio emprázase para proceder á notificación do acto administrativo á persoa interesada que se sinala no dito anexo, ou ás persoas representantes debidamente acreditadas.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para compareceren, en persoa ou debidamente representadas, nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Provincial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación en Pontevedra, con enderezo na avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, previa petición de cita no teléfono 986 80 52 44.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 3 de maio de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefe territorial de Pontevedra

Anexo

Persoa interesada

Acto notificado

Pedra País, S.L.

Proxecto de rehabilitación e abandono definitivo de labores do permiso de investigación Pedra País 01 número 2938 (PO/C/02938), situado nos concellos de Mondariz e Fornelos de Montes, da provincia de Pontevedra.