Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 22 de maio de 2023 Páx. 30813

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se publica o anuncio da Resolución pola que se regulan as ensinanzas de formación profesional plurilingües, para o curso 2023/24, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

Co obxecto de ampliar a oferta de ensinanzas de formación profesional plurilingües para o curso 2023/24 na Comunidade Autónoma de Galicia, a Dirección Xeral de Formación Profesional

RESOLVE:

Primeiro. Anunciar que na páxina web da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades www.edu.xunta.gal estará dispoñible a regulación e a convocatoria dirixida aos centros para participar nas ensinanzas de formación profesional plurilingües para o curso 2023/24.

Segundo. Que o prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia ata o 20 de xuño de 2023.

Terceiro. Que os centros deberán cubrir a solicitude que figura como anexo I da convocatoria e dirixila á Dirección Xeral de Formación Profesional da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2023

María Eugenia Pérez Fernández
Directora xeral de Formación Profesional