Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 22 de maio de 2023 Páx. 31027

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Instituto Galego da Vivenda e Solo anunciado pola Orde do 5 de abril de 2023.

Mediante a Orde do 5 de abril de 2023, publicada no Diario Oficial de Galicia número 73, do 17 de abril, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo do Instituto Galego da Vivenda e Solo que se detalla no anexo desta orde.

De conformidade co establecido nos artigos 88.2 e 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e nos artigos 6.2, 8 e 27 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, e en uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Resolver, con observancia do procedemento debido, a convocatoria pública efectuada pola Orde do 26 de xaneiro de 2023 e adxudicarlle á persoa funcionaria de carreira, indicada no anexo, o posto que tamén se especifica, vista a proposta-informe da persoa titular do centro directivo ao cal está adscrito o posto convocado, sobre a apreciación da súa idoneidade para o desempeño do posto con respecto ás demais persoas solicitantes, e considerando que cumpre cos requisitos e especificacións que para o posto se exixen na relación de postos de traballo e, polo tanto, na convocatoria.

Segundo. O cesamento no destino actual efectuarase no prazo de tres (3) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución de convocatoria pública de libre designación no Diario Oficial de Galicia ou, de ser o caso, segundo o establecido na normativa de aplicación na Administración de procedencia.

A toma de posesión da praza adxudicada deberase efectuar no prazo de tres (3) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao do cesamento, se non implica cambio de residencia, ou de sete (7) días hábiles, se comporta cambio de residencia. Cando a persoa adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será dun (1) mes.

O cómputo dos prazos posesorios iniciarase cando finalicen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, fosen concedidos. Nos supostos de incapacidade temporal, o cómputo do prazo iniciarase a partir da correspondente alta.

Terceiro. A xefatura de persoal do centro en que cause baixa o persoal funcionario, así como a daquel en que obteña destino, efectuarán, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e de toma de posesión, das cales se dará traslado á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición, ante a persoa titular da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous (2) meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2023

María Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANEXO

Apelidos e nome: Ana Fontao García.

NRP/DNI: ******3357 A2059.

Grupo/subgrupo: C2.

Corpo/escala: auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Código do posto: MA.O11.00.000.15770.002.

Denominación: secretario/a do/da director/a xeral.

Nivel: 18.

Centro de destino: Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Localidade: Santiago de Compostela.

*O NRP/DNI encóntrase cifrado co fin de protexer os datos de carácter persoal.