Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 19 de maio de 2023 Páx. 30770

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 4 de maio de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se convocan as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada regulamentación LMTA BBA801-CT Rampla Antolín 32C716, no concello de Ourense (expediente IN407A 2022/173-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante este anuncio convócanse todas as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada regulamentación LMTA BBA801-CT Rampla Antolín 32C716, no local da Asociación de Veciños Santa Lucía de Rairo, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Ourense, 4 de maio de 2023

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2022/173-3.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: regulamentación LMTA BBA801-CT Rampla Antolín 32C716.

Concello: Ourense.

Predio núm.

Lugar

Titular

Lugar da convocatoria

Data

Hora

1

Ourense

Descoñecido

Local da Asociación de Veciños Santa Lucía de Rairo

26.6.2023

12.00

2

Bo Antolín

Descoñecido

Local da Asociación de Veciños Santa Lucía de Rairo

26.6.2023

12.05