Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 19 de maio de 2023 Páx. 30772

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 4 de maio de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se comunica a data de ocupación e o requirimento das follas de valoración en expediente de expropiación nos concellos de Punxín e Ourense (expediente IN407A 2022/70-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante este anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración no procedemento de expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada regulamentación LMTA CAS801 entre apoios 134 e 135, nos concellos de Punxín e Ourense, correspondentes aos predios e titularidades que se sinalan no cadro anexo.

Ourense, 4 de maio de 2023

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados

Número de expediente: IN407A 2022/70-3.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Instalación: regulamentación LMTA CAS801 entre apoios 134 e 135.

Concellos: Punxín e Ourense.

Predio núm.

Lugar

Referencia catastral

Titular

Data de ocupación

2

Os Beleiros

229401NG8829S0001AY

Descoñecido

2.5.2023