Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 19 de maio de 2023 Páx. 30791

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Meaño

ANUNCIO da aprobación definitiva do Plan especial de infraestruturas e dotacións, tanatorio de Meaño.

O Pleno da Corporación de Meaño, en sesión ordinaria do 31 de marzo de 2023, aprobou definitivamente o Plan especial de infraestruturas e dotacións, tanatorio de Meaño, promovido por San Mauro Velatorios, S.L.

O contido íntegro do acordo de aprobación e o plan especial están á disposición de calquera interesado na sede electrónica do Concello de Meaño (https://concellodemeano.sedelectronica.gal/transparenciy/).

Contra o acordo de aprobación definitiva do plan especial, en aplicación do artigo 112.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con sede na Coruña, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación do último dos anuncios previstos no artigo 82.4 da Lei 2/2016, do 2 de febreiro, do solo de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Meaño, 20 de abril de 2023

Carlos Viéitez Fernández
Alcalde