Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 19 de maio de 2023 Páx. 30790

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ferrol

EDICTO da aprobación inicial e información pública do estudo de detalle para a construción dun taller de fabricación de sub-bloques prearmados no estaleiro de Navantia.

A Xunta de Goberno Local o 28.4.2023 aprobou inicialmente o estudo de detalle para a construción dun taller de fabricación de sub-bloques prearmados no ámbito do estaleiro de Navantia, formulado por Navantia S.A., S.M.E.

De conformidade coa normativa vixente, sométese a información pública durante o prazo dun mes, prazo que comeza a computarse dende o día seguinte ao da publicación no DOG.

O documento pode consultarse no enlace:

https://www.ferrol.gal/arquivos/descargas/ESTUDO_DETALLE_DILIXENCIADO_SECRET_CASTELAN.zip

Tamén pode consultarse na sede electrónica do Concello de Ferrol, no taboleiro de edictos do concello ou de xeito presencial en Urbanismo (rúa María 52-54, 5º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres), para o que se deberá solicitar cita previa no teléfono 981 94 40 00, exts. 302/301.

As alegacións presentaranse dirixidas a Urbanismo e por calquera medio dos admitidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Ferrol, 3 de maio de 2023

O alcalde
P.D. (Alcaldía do 8.7.2019; BOP do 22 de xullo)
Julián Reina Villalón
Concelleiro delegado titular da Área de Urbanismo e Infraestruturas,
Mobilidade,Vivenda e Rehabilitación, Contratación,
Centro de Recursos Informáticos e Organización Interna