Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 19 de maio de 2023 Páx. 30793

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle para a dotación de accesibilidade aos inmobles de vivenda colectiva situados na rúa do Penedo, número 56 a 68 (Corredoira da Campsa).

O Pleno da Corporación do Concello de Santiago de Compostela, na sesión ordinaria que tivo lugar o 30 de marzo de 2023, adoptou o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente o estudo de detalle para a definición urbanística da dotación de accesibilidade aos inmobles de vivenda colectiva situados na rúa do Penedo 56 a 68 (Corredoira da Campsa), segundo o documento reformado elaborado pola Sección de Planeamento en marzo de 2023.

Aprobar definitivamente a delimitación do ámbito da actuación sobre o medio urbano, para os efectos do disposto nos artigos 24 do texto refundido da Lei do solo (Real decreto lexislativo 7/2015) e 13 da Lei 1/2019, de rehabilitación, rexeneración e renovación urbanas de Galicia.

Ao abeiro do que dispón o artigo 13.5 da citada Lei 1/2019, acórdase que as instalacións de mellora da accesibilidade e de eficiencia enerxética previstas no estudo de detalle non computarán para os efectos de edificabilidade, volume máximo edificable e ocupación de parcela, nin de distancias mínimas a lindeiros, outras edificacións, espazos públicos e vías públicas, ou cumprimento de aliñacións.

A aprobación definitiva do estudo de detalle habilita a ocupación do espazo público afectado a favor da comunidade de propietarios dos edificios existentes, e poderá acordarse a cesión de uso do voo do espazo público durante o tempo en que se manteña a edificación ou, de se considerar procedente, o seu alleamento.

O acordo de aprobación definitiva publicarase no Diario Oficial de Galicia, e a normativa urbanística publicarase no Boletín Oficial da provincia. Así mesmo, remitirase á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda a documentación exixida polo artigo 88.3 da LSG, para os efectos de inscribir o estudo de detalle no Rexistro de Ordenación do Territorio e Planeamento Urbanístico de Galicia.

En todo caso, e de conformidade co exixido polo artigo 199.4 do RLSG, a eficacia do acto de aprobación definitiva e a entrada en vigor do Plan quedan condicionadas ao cumprimento dos anteriores trámites e ao sinalado no artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases do réxime local, en relación co 65.4 da mesma lei.

Contra o acordo de aprobación definitiva do citado estudo de detalle poderase interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2023

O alcalde
P.D. (DEC/4742/2019, do 17 de xuño de 2019)
Mercedes Rosón Ferreiro
Concelleira delegada de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica